Arquivo para Outubro 24, 2007

Noite dos calacús

Os Chichisos están a traballar na recuperación das antano famosas caliveras de calacús que os nenos adoitaban tallar na Noite de Defuntos. Para este ano 2009 está prevista realiza-lo primeiro obradoiro de talla de caveiras de calacús, actividade dirixida  a tódolos nenos de Pontevedra, Vilaboa  e parroquias.

Noite de Defuntos,

herdanza da festa celta do Samaín

calacus

A orixe desta festa pérdese na noite dos tempos e posiblemente sexa a mistura das tradicións e ritos dos diferentes pobos que pasaron por esta terra.

Así, para os celtas Samaín ( 31 de Outubro) era a última noite do ano e considerábase  un momento propicio para presaxiar o futuro. Pensaban que nesta noite as portas do outro mundo quedaban abertas e as ánimas dos defuntos e outros espíritos  invadían, por unhas horas, o mundo dos vivos;  as ánimas dos finados voltan visitar ás suas famílias na súas vellas casas para quentaren-se a carón do lume da lareira e comer dos alimentos que  lles tiñan preparados os parentes. Os celtas tamén acendían grandes fogueiras e colocaban as caveiras iluminadas dos seus inimigos no máis alto dos castros para espantar aos espíritos malignos. De aí pasouse a facer caliveras coa cortiza dos cabazos. Esta tradición conservouse ata os nosos días en todo Galicia, aínda que recibindo en cada lugar nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense… etc.

Os romanos, despois da conquistar territorios habitados por pobos célticos, engadiron ó Samain elementos da súa festa da colleita, celebrada o 1 de Novembro na honra de Pomona, deusa dos froitos e as árbores.  Os romanos ofrecíanlles froitos á súa deusa. En Galicia conservase a costume do Magosto, consistente en nunha festa onde se comen sempre castañas. Hai outras comidas e postres típicos destos días.

Os cristiáns, o 31 de Outobro, celebran a véspera de Todos os Santos, os católicos recordan aos seus mortos e axúdanos a saír do purgatorio. Os católicos acenden candeas que teñen que estar prendidas ata que se consuman para que os seus defuntos saian do purgatorio. Foi no século IX cando a Igrexa destinou o primeiro de novembro ó día de Todos os Santos e no século XII o día seguinte coma día de difuntos, cristianizando deste xeito a festa celta dos mortos.

Hoxe en día, por exemplo en Galicia, consérvase a tradición da cabaza ou dos calacús acesas, cócense castañas con anís para as ánimas do purgatorio e outros espectros. Aliméntanse e acéndense pequenas candeas que frotan dentro de cuncas de auga e aceite. Cando estas candeas se consumen, sabese que unha ánima do purgatorio alcanzou, por fin, a luz.

Quizais a mistura de todos estes elementos sexa a orixe das cabazas , que representan as caliveras dos inimigos , as froitas para ofrecer a Pomona e a vela que ten dentro a salvación das ánimas cristiáns e o efecto buscado polos druídas celtas coas súas fogueiras.

Coa cristanización a igrexa prohibiu moitos destes milenarios ritos por consideralos pagáns e foron  os nenos os que transformaron e continuaron estas celebracións  suplantando con disfraces ós defuntos e percorrian as casas onde lles agardaban carne,  pan,  viño e de doces que gardaban nas súas bolsas  para consumi-las logo nas s casas. A cambio dunhas cantigas de agradecemento ou de escárnio hacia os da casa, de non lles ter nada preparado.

Este costume que hoxe nos parece propio do Halloween yanki  era tradición común en Galicia, e xa no século XVI repararía o inquisidor, humanista e bispo de Mondoñedo, Frai Antonio de Guevara, nun costume do lugar que lle era alleo:

            “Constou-nos pola visita que o día de Todos os Santos e o día seguinte de     defuntos andan todos os mozos da fregresia a pedir polas portas e dan-lles pan e carne e viño e freixós e pixóns e outras cousas, e que piden así os fillos dos ricos     que os pobres; e por ser mais este rito xentíl que cristián, ordenamos e            mandamos que, de aquí en diante, ningún mozo vaia aqueles dous días de porta    en porta a pedir, senón que o beneficiado, o rector e o primiclero e outro que             nomeare a fregresia pidan aquel pan e todo o demais que lles deren ou repartan          na igrexa o día dos finados entre os pobres e necesitados, so pena que o pai ou a             nai que enviara ao seu fillo a pedir aqueles días pague mil maravedis[...]“

En canto a tradición de lle preparan comida para os defuntos que nos viñan visitar esa noite transcribimos a continuación outr texto do mesmo bispo:

            “[...] hachamos ter costumbre en moitas partes deste noso bispado que nos    mortuorios que fan, e o día dos finados, que é outro día de Todos os santos     comen e beben e poñen mesas dentro das igrexas e o que é peor, poñen xarros e           pratos acima dos altares facendo aparador deles. Ordenamos e mandamos que          ninguén sexa osado nos semellantes mortuorios e honrras e días de finados            comer nin beber nas igrexas, so pena que pague cada un dous ducados e o cura             que o consinte catro“.

Como o bispo franciscano de Mondoñedo Antonio de Guevara no era galego, non coñecía estes costumes e mantiña a crenza de que todas as nosas tradicións celtas eran de procedéncia  xudea ou mourisca, decidindo prohibir con ameazas e castigos as nosas tradicións.

Para finalizar,  comentar que existe a crenza xeralizada de que a Noite dos Calacús,  Samaín,  ou Halloween (véspera de Todos os Santos, en inglés All Hallow Eve ou Halloween) que no fondo é a mesma celebración é unha festa importada dende USA máis é todo o contrario como vimos de explicar. Sendo os dous millóns de galegos que emigraron a América dende o século XIX,  os emigrantes irlandeses e doutras nacións celtico-atlánticas que marcharon a  norteamericana  os que levaron alí a celebración do Día de Defuntos e que por desgraza nos volve hoxe en día en forma de Halloween desvirtuado e cutre, convertido nun comercial entroido festivo carente do fermoso significado máxico e ritual que tiña noutros tempos pasados a Noite dos Calacús.

calacus2

Comentarios (1) »

Os Cantos de Reis

Cantos de Reis

Unha tradición habitual nas nosas festas de Nadal era ir cantar polas casas. Grupos de mozas e de mozos percorrían a aldea ou parroquia cantando estas pezas  de literatura popular e transmitidas oralmente ó longo dos séculos. A cambio do seu cantar, a mocidade solicitaba o aguinaldo, xeralmente en especie (viño, chourizos, touciño, doces, lambetadas, etc.), que despois consumían todos xuntos facendo unha festa ou  foliada.

Aínda que o tipo de composición mudase para cada data, a tradición de reunírense os mozos da aldea para ir cantar de casa en casa  estas pezas tradicionais era a mesma por todo o país e o obxectivo tamén: conseguir algo de xantar e algunhas lambetadas para monta-la festa.

En Nadal cantábanse panxoliñas ou nadais, en Fin de Ano as xaneiras, manueis ou aninovos e a vispera de Reis os cantares de reis ou aguinaldos.

Nolmalmente os temas das cancións estaban relacionadas co Nadal. No caso dos cantos de Reis a temática adoita xirar arredor da visita e adoración dos Reis Magos a Cristo, a fuxida da Sagrada Familia a Exipto, a viaxe de Nazaret a Belén de Xosé e de María e a procura  dun lugar onde parir.

Case a totalidade dos cantos de Reis relatan unha viaxe ou falan dun camiño o cal tampouco é casual se temos en conta que o Nadal coincide co período de mínima potencia solar e co intre no que o Sol comenza o seu renacemento cíclico a partir do solsticio de inverno. O Sol viaxa constantemente e o camiño representa a búsqueda dunha nova vida.

Estes cantos de Reis soían comezar cunhas estrofas de presentación dos “reiseiros” na que se pedía permiso ou licencia para cantar na casa. A continuación viña o propio relato ou canto de Reis e adoitaban finalizar cunha de loubanza ós da casa onde cantaban, en caso de obte-lo aguinaldo  desexado, pero tamén podía rematar dun xeito ferinte, e mesmo insultante, no caso contrario, facendo saber ós veciños  quen estaba menos disposto a comparti-los seus alimentos. De seguido tocábse unha “jota” ou muiñeira e convidaban a danzar ós da casa.

Estes tipos de cantos son melodías longas e lentas, cantadas case sen respirar, con multitude de mordentes e adornos propiciados pola gaita. Conforman un estilo propio de canto, guturais, pisando os finais de estrofa cos comezos. Polas letras e melodías destes cantos percíbese que son de corte culto. Moitos deles teñen que ver con cantos gregorianos e cantares relixiosos dos séculos XV e XVI que foron adaptados e transformados polo pobo.

A meirande parte deles son en castelán ou castrapo, debido a súa orixe nos textos bíblicos ou eucarísticos, que eran sempre nesta lingua. Outras veces se a casa onde se cantaba era de “señoritos” entón trocábase nos cantos o galego polo castelán, para agrada-los anfitrións.  

Estes cantos de Reis eran interpretados por cuadrillas ou xugadas de homes, mozos e nenos que recorren as casas dando a boa nova cantando. Estes  grupos de Reiceiros compóñense dun gaiteiro e dun ou varios cantores  e incorporan, ocasionalmente, percusión e instrumentos varios, sobre todo instrumentos denominados humildes (botella de anis, cunchas, paus, piñas, etc.) que eran os que se podían atopar fácilmente nas aldeas.

Pola zona sur da provincia de Pontevedra, conservan a súa propia tradición de cantos de Nadal,  as rondallas. A orixe da tradición vén xa de lonxe, existindo rexistros dende 1920. Os vellos din que logo de ir á leira collían os instrumentos que había na casa, moitas veces feitos a man, e ían de pasarrúas polos barrios.

Deixar un comentario »

Festivais nos que participamos

 

Festivais nos que participaron:

-Actuación na praza do Toural. Vilaboa.05/xullo/2000.

-Festival Folk do Alcouce. Vilaboa. 04/xullo/2003.

concerto-en-figueirido-2003.jpg

figueirido.jpg

 

 

-Festival de Música folklórica de Cerdedo. 27/xullo/2003.

festival-folk-cerdedo-2003.jpg

-Arts & Music Cavan Festival. Irlanda. 21/marzo/2005.

NYAH COUNTY CAVAN ARTS FESTIVAL 2005 (IRLANDA) 001

-Festival Folk do Alcouce. Organizado pola asociación. Chan de Vilar. Vilaboa. 2005.

-Saída da regata Volvo Ocean Race. Vigo. 12/novembro/ 2005.

-“Música no Camiño”. Organiza Xunta de Galicia. Agosto 2006

-Festival do Quilo, Marín. 10-08-2007

-Festival Intercultural, A Ferrería Pontevedra. 31-05-2008

-Fiadeiro Ramirás, Ourense. 25/04/2009

cartel ramiras

 

Deixar un comentario »

De brincadeira

O cuarto ámbito de actuación dos Chichisos, e non por iso o menos importante pero si o máis lúdico e festivo, son as súas innumerables actuacións e pasarrúas realizadas nas festas do noso país, así como os seus arroutados e participativos concertos en bares, tabernas e furanchos da xeografía do noso país. Velaí vai unha listaxe das suás actuacións máis salientables:

chichisos rep prensa

Festas e romarías:

-I Festa do Río. Organiza Vaipolorío. Pontevedra. 29/setembro/ 2001.

i-festa-do-rio-2000.jpg

-II Festa do Río. Organiza Vaipolorío. Pontevedra. 13/setembro/ 2002.

festa-do-rio-2001.jpg

 

  

-Subida popular á Fracha. Organ. Club de Montañeiros de Pontevedra.14/setembro/2002.

-III Festa do Río. Organiza Vaipolorío. Pontevedra. Setembro 2003.

festa-do-rio-2003.jpg

iii-festa-do-rio-2003-1.jpg iii-festa-do-rio-2003-2.jpg iii-festa-do-rio-2003-3.jpg  iii-festa-do-rio-2003-4.jpg

-III Subida popular á Fracha. Organiza Club de Montañeiros de Pontevedra. Setembro/2003.

-Festa de San Xoan. Poboeiros. Ourense. 27/xuño/2004.

poboeiros.jpg

-Festa de Santiago en Anllo. Ourense. 25/xullo/2004.

anllo.jpg

-IV Subida popular á Fracha. Organ. Club de Montañeiros de Pontevedra.19/setembro/2004.

festa-do-club-de-montan.jpg

  

festa-do-club-de-montaneiro.jpg

-Magosto da Bola. Santa Baia. Ourense. 30/outubro/2004.

santa-baia.jpg

-Festa da Vincha. Organiza Asoc. Espadela .Cerdedo. 12/febreiro/2005.

cerdedo-antroido-2005.jpg

-Festa da Carballeira de Tenorio. Xuño 2005.

 

-Festa do Millo Corvo. Mera. Morrazo.20/marzo/2005.

festa-do-millo-corvo-2005.jpg

-V Subida popular á Fracha. Organiza Club de Montañeiros de Pontevedra.19/setembro/2005.

-Festa de San Blas. Salcedo, Pontevedra. 05/febreiro/2006.

-Festa da Vincha. Organiza Asoc. Espadela. Cerdedo. 25/febreiro/2006.

-Festa da Carballeira de Tenorio. Xuño 2006.

-Festa do Millo Corvo. Mera. O Morrazo.

-Festa do Mar. Combarro. Agosto 2006.

-Festa dos Montañeiros de Pontevedra.Organiza Club de Montañeiros de Pontevedra. Outubro 2006.

-Magosto da Bola. Santa Baia. Ourense. Organiza o Concello de Santa Baia. Novembro 2006.

-Magosto de Cuspedriños. Organiza. Canón de Pau. Decembro 2006.

-Festas de San Blas. Salcedo. Febreiro 2007.

-Festa da Vincha. Organiza Asoc. Espadela. Cerdedo. Febreiro/2007.

-Festas de Alba. Agosto 2007.

-Festa de San Xoan. San Brais. Salcedo. Xullo 2007.

-VII Marcha popular á Fracha. Organiza o club de Montañeiros de Pontevedra.Organiza Club de Montañeiros de Pontevedra. Setembro 2007.

04-02-2007     Festas de San Brais, Salcedo, Pontevedra

18-02-2007     VII Festa da Vincha, Cerdedo

23-06-2007     Noite de San Xoán, San Blas, Salcedo, Pontevedra

02-06-2007     Muíño de Antiguidá, Figueirido, Vilaboa

15-08-2007     Festas de Alba, Pontevedra

16-09-2007     VII Marcha a Fracha, Montañeiros, Pontevedra

03-02-2008     Festas de San Brais, Salcedo, Pontevedra

23-06-2008     San Xoán, San Brais, Pontevedra

29-06-2008     Festas en Tremoedo, Vilanova de Arousa

29-06-2008     Festa do Pincho, Tremoedo, Vilanova de Arousa

05-07-2008     Festa da Peneirada, Mourente, Pontevedra

23-08-2008     Festa do Gaiteiro de Soutelo, Forcarei, Pontevedra

08/02/2009      Festas de San Brais, Pontevedra

22/02/2009      Festa da Vincha, Cerdedo

Cartel 2009

Díptico 2009 reverso

29/03/2009      Reconquista Casco Vello Vigo

23/06/2009      San Xoan, San Brais, Pontevedra

22/08/2009      Feira Sustentable A Lama

 

Seráns nos que participaron:

10-11-2007     Serán en Caroi, Cotobade, Pontevedra

02-08-2008     Serán Chan do Vilar, Alcouce, Figueirido, Vilaboa

31/01/2009      Serán Silvoso, Ponte Caldelas

13/02/2009      Serán Acevedo Pontesampaio, Pontevedra

18/07/2009      Serán Chan do Vilar Figueirido Vilaboa

24/07/2009      Serán Donón, Hío, Cangas

Deixar un comentario »

Compromiso coa realidade social do país

 

COMPROMISO SOCIAL

O compromiso coa realidade social e cultural da súa cidade e do seu país marca a súa terceira vía de actuación. Movidos por este compromiso gostan de colaborar desinteresadamente con diferentes colectivos e asociacións culturais, veciñais, ecoloxistas e deportivas do seu contorno. Pero o seu labor non fica só na colaboración senón que eles mesmos teñen emprendido e organizado distintos eventos e campañas neste senso.

Deixar un comentario »

Recuperacións de tradicións

 

RECUPERACIÓN

DE TRADICIÓNS

 

Se a divulgación da nosa música é un dos eixos fundamentais da actividades dos Chichisos, non o é menos a recuperación de antigas tradicións e festas. Como exemplos da súa teima por manteren vivo o acervo musical galego veñen traballando os últimos nove anos na recuperación dos “Cantos de Reis” cos nenos das parroquias de Pontevedra e Vilaboa.

Esta fermosa tradición, tan propia antano do Nadal en Galicia, consistente en i-la noite do 5 de xaneiro de casa en casa cantando os Reis e pedindo o aguinaldo, mantense viva hoxe en día nas parroquias de Tomeza, Bértola e Figueirido grazas ó labor dos Chichisos, que recuperaron esta tradición despois de 20 anos de esmorecemento.

Para complementar este traballo de recuperación e achegarlles ás xentes da cidade este ancestral costume do Nadal os catro últimos anos veñen cantando os Reis polas rúas e prazas de Pontevedra, converténdose hoxe en día nunha das estampas típicas do Nadal nesta cidade.

Cada ano son máis os nenos que se apuntan a esta actividade que comeza o día 26 de decembro cos ensaios dos cantos e remata a noite do 5 cantando polas parroquias de casa en casa e levando ós seus habitantes a ledicia e noraboa do nacemento de Cristo.

cantos r

 No 2008 deuse un paso máis nesta labor divulgativa e de recuperación ó incluir no seu programa de actividades do nadal un obradoiro Obradoiro de cantos de reis celebrado no CEIP de Cabanas, Salcedo. Pontevedra. Decembro 2008. Este obradoiro de “Cantos de Reis” para toda a comunidade escolar do CEIP de Cabanas, contou co seguinte programa:

1. Historia de recuperación dos Cantos de Reis por parte do grupo Os Chichisos.
2. Tipos de cantos durante todo o período do Nadal.
3. Interpretación dun Canto de Reis.
4. Proxección dun vídeo de Canto de Reis gravado polas prazas e rúas de Pontevedra.

obradoiro reisobradoiro reis

 Ademais destas actividades, no 2009, Os Chichisos en compaña dos seus nenos reiceiros  participaron por primeira vez no certame de cantos de Reis de Boimorto. O concurso de reiceiros máis importante de Galicia. 

 

Cantar de Reis 2003           cantar-de-reis-2004.jpg            cantar-de-reis-2005-1.jpg
Cantar de Reis 2003   Cantar de Reis 2004  Cantar de Reis 2005

 cantar-de-reis-2005-2.jpg

 

cantar-de-reis-2005-3.jpg cantar-de-reis-2005-4.jpg

reeisreis 09 1reis 09 2reis 09 3reis 09 4reis 09 5reis 09 6

Que son os cantos de Reis?

cantar de reis foto

 Unha tradición habitual nas nosas festas de Nadal era ir cantar polas casas. Grupos de mozas e de mozos percorrían a aldea ou parroquia cantando estas pezas  de literatura popular e transmitidas oralmente ó longo dos séculos. A cambio do seu cantar, a mocidade solicitaba o aguinaldo, xeralmente en especie (viño, chourizos, touciño, doces, lambetadas, etc.), que despois consumían todos xuntos facendo unha festa ou  foliada.

Aínda que o tipo de composición mudase para cada data, a tradición de reunírense os mozos da aldea para ir cantar de casa en casa  estas pezas tradicionais era a mesma por todo o país e o obxectivo tamén: conseguir algo de xantar e algunhas lambetadas para monta-la festa.

En Nadal cantábanse panxoliñas ou nadais, en Fin de Ano as xaneiras, manueis ou aninovos e a vispera de Reis os cantares de reis ou aguinaldos.

Nolmalmente os temas das cancións estaban relacionadas co Nadal. No caso dos cantos de Reis a temática adoita xirar arredor da visita e adoración dos Reis Magos a Cristo, a fuxida da Sagrada Familia a Exipto, a viaxe de Nazaret a Belén de Xosé e de María e a procura  dun lugar onde parir.

Case a totalidade dos cantos de Reis relatan unha viaxe ou falan dun camiño o cal tampouco é casual se temos en conta que o Nadal coincide co período de mínima potencia solar e co intre no que o Sol comenza o seu renacemento cíclico a partir do solsticio de inverno. O Sol viaxa constantemente e o camiño representa a búsqueda dunha nova vida.

Estes cantos de Reis soían comezar cunhas estrofas de presentación dos “reiseiros” na que se pedía permiso ou licencia para cantar na casa. A continuación viña o propio relato ou canto de Reis e adoitaban finalizar cunha de loubanza ós da casa onde cantaban, en caso de obte-lo aguinaldo  desexado, pero tamén podía rematar dun xeito ferinte, e mesmo insultante, no caso contrario, facendo saber ós veciños  quen estaba menos disposto a comparti-los seus alimentos. De seguido tocábase unha “jota” ou muiñeira e convidaban a danzar ós da casa.

Estes tipos de cantos son melodías longas e lentas, cantadas case sen respirar, con multitude de mordentes e adornos propiciados pola gaita. Conforman un estilo propio de canto, guturais, pisando os finais de estrofa cos comezos. Polas letras e melodías destes cantos percíbese que son de corte culto. Moitos deles teñen que ver con cantos gregorianos e cantares relixiosos dos séculos XV e XVI que foron adaptados e transformados polo pobo.

A meirande parte deles son en castelán ou castrapo, debido a súa orixe nos textos bíblicos ou eucarísticos, que eran sempre nesta lingua. Outras veces se a casa onde se cantaba era de “señoritos” entón trocábase nos cantos o galego polo castelán, para agrada-los anfitrións. 

Estes cantos de Reis eran interpretados por cuadrillas ou xugadas de homes, mozos e nenos que recorren as casas dando a boa nova cantando. Estes  grupos de Reiceiros compóñense dun gaiteiro e dun ou varios cantores  e incorporan, ocasionalmente, percusión e instrumentos varios, sobre todo instrumentos denominados humildes (botella de anis, cunchas, paus, piñas, etc.) que eran os que se podían atopar fácilmente nas aldeas.

Pola zona sur da provincia de Pontevedra, conservan a súa propia tradición de cantos de Nadal,  as rondallas. A orixe da tradición vén xa de lonxe, existindo rexistros dende 1920. Os vellos din que logo de ir á leira collían os instrumentos que había na casa, moitas veces feitos a man, e ían de pasarrúas polos barrios.

 

-Cantos a interpretar polos Chichisos-

De lonxe viñemos os que aquí chegamos

se nos dan licencia os reises cantamos               Presentación e

os reises cantamos, os reises cantamos              solicitude de licencia

se nos dan licencia os que aquí chegamos

                                   Canto tradicional

 

 Relato

Cara a Belén camiñaunha nena ocupadafermosa en canto a elaSan Xosé a acompaña Chegaron a Beléne pediron pousada

responderon de dentro

con voz alborotada

 

¿Quén chama á miña porta?

¿Quén a porta me chama?

somos Xosé e María

que pedimos pousada

Se traen cartos que entrene se non que se vaiancartos non traereimáis que un real de prata Eses son poucos cartospídano noutra parte

San Xosé se apenaba

María o consolaba

 

Non te apenes Xosé

non te apenes por nada

qué máis cartos que queres

que isto que me acompaña

                                              Canto tradicional de Luíntra, Ourense 

  Despedida e petición de aguinaldo

Cantámosche ós reises do kikiriki 

se non nos dás nada cagámosche aquí      

cagámosche aquí, cagámosche aquí          

se non nos dás nada do kikiriki                 

 

Os reises cantamos pedindo aguinaldo                                                                

chourizas, touciño, pra facelo caldo 

pra facelo caldo, pra facelo caldo

chourizas, touciño pedindo o aguinaldo

 Canto tradicional

 

 Esta vai de despedida para facer festa:

  Os Reies Magos van para Belén,

quitaron os zocos para correr ben.           

Lupe da Caveira fáille-lo café,                              

Esperanza de Macario peneira de pé

                              Os Cempés

 

 Relato

 A esta puerta llama un niño más hermoso que el sol bello

Parece que tiene frío y el pobrecito está en cueros

 

Anda dile que entre y se calentará

Porque en esta tierra ya no hay caridad

Y nunca la ha habido y nunca la habrá.

Entra el niño y se calienta y mientras se calentaba

Le pregunta la patrona de que tierra y de que patria

 

Y responde el niño yo soy de Belén

Mi padre es del cielo mi madre también

 

Estando todos cenando las lágrimas le caen

Por qué lloras niño hermoso por la cena que me dais

 

Mi madre de pena no podrá comer

Y aunque ganas tenga no tendrá de qué.

 

Mucho quieres a tu madre si señora que la quiero

Tres días que no la veo tres mil años se me han hecho

 

Si usted me dijera donde ella estaba

De rodillas fuera hasta que la hallara

 

Hazle la cama a este niño con premura y con amor

Señora no quiero cama que mi cama es un rincón

 

Mi cama es el suelo desde que nací

Y hasta que en cruz muera ha de ser así.

 

A eso de la media noche el niño se levantó

Y le dijo a la patrona señora quede con Dios

Si acaso mi madre por mi preguntara

Yo me voy al templo que allí es mi morada

 

Vete con Dios hijo mío de ti quedo enamorada

Ojalá que encuentres pronto a tu madre soberana

 

Y si no la hayas vuélvete a mi casa

Volveré señora a darle las gracias

 

Los padres lo están buscando por los valles y montañas

Y a todos cuantos encuentras por su hijo preguntaban

 

Decid si habéis visto al sol de los soles

Al que nos alumbra con sus resplandores

 

Aquí estuvo un niño hermoso por las señas que nos dais

Al templo se encaminó id allí por si lo halláis.

  

Canto de Reis tradicional, recollido a Paulina Justo Amor,

O Pombal, Tomeza, Pontevedra (nadal do 2002)

 

 

Outros exemplos de cantos de Reis

Cantámosche os Reices

perniñas de cabra,

cantámosche os Reices

non nos deches nada.

 

Déanos, señora,

aunque sea pouco

un touciño enteiro

e o anaco doutro.

 

Moito anos viva

la dueña de casa

que en dar aghinaldo

nunca foi escasa.

 

Muchos años viva

el dueño también

todo el mundo dice

que es hombre de bien.

 

Ay devina estrella

ay devina luz-e

vamos a la casa

del Niño Jesús-e.

 

El Niño Jesús-e

más claro que on sol-e

lo parió su madre

sin tener dolor-e.

 

(Xanceda, Mesía –A Coruña) 

 

Recuperación de Seráns,

Fiadeiros e Ruadas

 Os Chichisos traballan dende o ano 2004 na recuperación dos Seráns en diferentes lugares da provincia de Pontevedra.

Coa Asociación Veciñal A Landra de Marcón Os Chichisos organizaron a recuperación dos seráns nesta parroquia. Así o 27 de marzo do 2004 celebrouse con gran afluenza de público e grupos o primeiro Serán ou “Xunta de espigas” de Marcón. Repetiuse de novo con gran éxito o 09 de abril do 2005.

ii-seran-de-marcon-2005.jpg

seran-marcon-2004.jpg

 

 

 

 

 

Coa asociación Canón de Pau de Cotovade iniciaron o traballo de recuperación dos serán coa celebración o 10 de novembro de 2007 o 1º Serán de Outono en Caroi. O 08 de novembro de 2008 realízase o 2º Serán de Outono levando esta vez a celebración a Cuspedriños. O 10 de novembro de 2009 celebrouse a terceira edición do será de Outono. Actualmente seguen traballando coa mesma asociación Cañon de pau para manter viva estas festas que tan boa acollida e participación tiveron por parte dos veciños.

Cartel Ruada Cuspedriños 2008

Que é un serán?

 Un serán é unha festa popular, un grupo de veciños dun lugar que se xuntaban para tocar, cantar e bailar. Serán e o nome como se coñece en moitas zonas de Galicia, sobre todo do interior da provincia de Pontevedra, a estas xuntanzas festivas, aínda que noutros lugares chamábanlle ruada, como na zona de Cotobade ou fiadeiros. O baile de pandeiras que se celebraba en zonas como por exemplo o concello de Mesíe sería outra variante de este tipo de festas veciñais. O nome de serán viría de que se facíanse á tardiña, é decir, ó serán. Normalmente facíanse no tempo en que non se celebraban as  festas patronais e, xa que logo, non había verbenas. Polo que os seráns constituían un xeito de se xuntar e gozar da música e o baile. Estas xuntanzas servían para favorece-las relacións sociais dos veciños e sobre todo dos máis novos que atopaban nos seráns unha oportunidade de se coñecer ou simplemente de bailar e estar xuntos.

A pesar da informalidade deste tipo de festas si existía unha organización ben definida e que na zona de Pontevedra viría marcada, como recolleu Guillerme Ignacio Costa, polos seguintes pasos:

            En xeral comézase a tocar polos solto: primeiro a xota, e logo á muiñeira, para pasar logo ós agarrados, xeralmente dous, a escoller en orde e tipo entre a   danza (ou rumba, mazurca –por confusión-, tras-trás…), o pasodoble, o valse,     ou o chiqui-chiqui (ou dous pasos, mazurca…). Deste xeito os bailadores xa         sabían qué bailes tocaban, estipulándose moitas veces a obriga de botar coa mesma parella os catro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Deixar un comentario »

Actividades didácticas

 

ACTIVIDADES DIDÁCTICAS

 

Un dos obxectivos que move os Chichisos é a difusión da nosa riqueza musical, e sobre todo achegárlle-la música galega ós máis cativos coa intención de que a sintan como propia e tomen conciencia de que forma parte da súa cultura e polo tanto deles mesmos. O único xeito de que a nosa música e as nosas tradicións continúen vivas é que os nenos as coñezan para que poidan gozar delas e mantelas no futuro.

Así, neste camiño de divulgación veñen desenvolvendo nos últimos anos unha serie de actividades culturais, concertos didácticos, cursos, xornadas e obradoiros.

Deixar un comentario »

Historia do grupo

O grupo de música tradicional  Os Chichisos  tivo o seu xermolo naquel 1992 cando un grupo de amigos con inquedanzas musicais, e movidos polo seu interese na conservación e difusión da nosa tradición musical, se xuntaron para profundizar no coñecemento e na aprendizaxe da música popular galega. Corría o ano 1996 cando, co gallo da súa primeira actuación na Festa do cocido de Lalín,  Paco Sutil, Toño Vázquez, Cesar Martínez e Rafa Quintía, animados polo seu mestres Xulián Carabelos, deciden forma-lo grupo de música tradicional Os Chichisos.

Pero definitivamente, sería no ano 2000, coa entrada na formación de Xosé Feijoo ó bombo e de Rosalía Rodríguez á gaita, e no 2002 coa incorporación de Joâo Bieitez á gaita e Ana Llevot á pandeireta, cando realmente arranca a carreira musical da formación e se comeza a traballar intensamente na recuperación e divulgación do noso acerbo cultural. Dende ese ano son múltiples as súas  colaboracións en diferentes ámbitos da vida cultural de Pontevedra, así como innumerables son as actuacións que Os Chichisos veñen realizando por todo o territorio galego e incluso en Irlanda, onde participaron no “NYAH County Cavan Arts Festival 2005”. No ano 2007, e para poder darlle un pulo ó seu labor divulgativo, constitúense como asociación cultural e incorpóranse á formación Conchi Pereiro como pandeireteira. No ano 2008 pasan a formar parte do grupo e da asociación Belén como pandeireteira e José Carlos como gaiteiro. No ano 2009 incorpórase Santiago como frautista e pandereteiro. Sendo esta a formación actual do grupo.

Se hai dous aspectos que caracterizan os Chichisos son o seu espírito festivo e lúdico  e o seu compromiso coa realidade social e cultural da súa cidade e do seu país. Poderiamos resumi-la actividade dos Chichisos ó longo destes anos en catro puntos básicos ou campos de actuación, cítese: divulgación e actividades didácticas, recuperación de tradicións, compromiso social e a festa e goce coa música popular galega.            

chichisos foto oficial 2 252

 

   

Deixar un comentario »

Os Músicos

OS CHICHISOS

chichisos foto oficial 1

 

foto-grupo.jpg

 

os-chichisos-foto-oficia_3.jpg  

os-chichisos-foto-oficia_1.jpg  os-chichisos-foto-oficia_2.jpg

O grupo de música

tradicional Os Chichisos

está formado

polos seguintes músicos: 

 

xose.jpg XOSÉ FEIJOO:
Bombo, pandeiro, pandeireta e charra
sco

 tono-web3.jpg TOÑO VÁZQUEZ:
Tamboril, pandeiro e pandeireta

 ana-web2.jpg ANA LLEVOT:
Pandeireta

rosa-web.jpg ROSALÍA RODRÍGUEZ:
Gaita, pandeireta e tamboril 

 cesar-web2.jpg CÉSAR MARTÍNEZ:
Gaita e acordeón

paco.jpg PACO SUTIL:
Gaita, frauta traveseira e pito galego

 rafa-web2.jpg RAFA QUINTíA:
Gaita e guitarra.

 xoan-web3.jpg JOAO BIEITES:
Gaita, cavaquinho e tarrañolas

 

conchi-web2.jpg CONCHI PEREIRO:
Pandeireta.

 

belenBELÉN JUNCAL:
Pandeireta.

 

15[1]. Uno de los Chichisos en AlbaJOSÉ CARLOS GESTEIRO:
Gaita e frauta.

 

CIMG1037SANTIAGO CAMARERO:
Pandeireta e frauta traveseira.

 chichisos foto oficial 2 273

Deixar un comentario »

Benvidos ó blog dos Chichisos

logo oficial

Dende o país do fin do mundo, dende Galicia, eterna fisterra atlántica, o grupo de música tradicional Os Chichisos preséntase ó mundo enteiro, ofrecéndolles a música do noso pobo, os seus cantos, as súas milenarias tradicións e en definitiva o son da nosa cultura. O son dunha terra que dende a noite dos tempos érguese orgullosa da súa identidade, do seu pasado e do futuro que virá. Os tempos son chegados e nós estaremos aí.

Grazas e benvidos !!

chichisos foto oficial 2 172 

Comentarios (1) »