Marinha do Seixo

Tema composto por Joâo Bieitez musicando a vida e martirio da santa Mariña.

Marinha do Seixo1

Marinha do Seixo2

Deixe un comentario »

Pepaloba (muiñeira)

Muiñeira composta por Paco Sutil en lembranza da famosa bandoleira galega.

pepaloba

Deixe un comentario »

A Montaña Máxica (foliada)

Foliada composta por Rafa Quintía inspirado na maxia do Monte do Seixo.

a montaña máxica1

a montaña máxica2

Deixe un comentario »

Homenaxe ós Chichisos

chichisos foto oficial 2 098

Os Chichisos recibiron o pasado día 08 de febreiro de 2009, e co gallo das festas de san Brais da parroquia de Salcedo, unha calorosa homenaxe da man da Asociación de Veciños Salcedo Norte. A placa recibida neste acto agradece o labor cultural e a xenerosidade da formación musical que sempre estivo disposta a colaborar con esta asociación veciñal en canto acto foi requirida. Sirvan de exemplo a súa colaboración desinteresada nas festas de san Xoán  que cada ano organiza esta asociación veciñal de Salcedo ou a súa presencia anual nas festas en honra a san Brais.

homenaxe ch 1homena ch 2homex ch 3homena ch 4homen ch 5home ch 6

 

DSCF0130

Comentarios (2) »

cadro Chichisos

Os Chichisos de volta da festa

cadro tonecho

O Medallón (Tonecho e Conchi)

rafa cadro

Licor café (Rafa)

cadro cesar

A paradiña (César)

cadro xoan

Na Feira Franca de Pontevedra (Joâo e Alexandre)

29 Xosé o bombeiro[1]. óleo sobre táboa

 Xosé o bombeiro 

conchi

Canto de  pandeira (Conchi)

acua 005

Axústame a mantilla (Rosalía e Belén)

xoan 2

Gaiteiro (Joâo)

toño

Friaxe (Toño)

rafa

Trovador (Rafa)

DSC_5243

O chupito (Rafa)

DSC_5245

(Toño)

xose 2

O pensador (Xosé)

cesar

Á de tres  (Cesar)

conchi2

O cafeciño (Conchi)

ana

Pandereteira (Ana)

DSC_5252

O frautista (Paco)

xoan

O gaiteiro de Alba (Joâo)

rafa2

Sacándolle unhas notas (Rafa)

grafito 015

Acordeonista (Cesar)

toño2

Conversa (Toño)

cesar2

Preludio (Cesar)

 

 

Deixe un comentario »

Fotos de festas, concertos e actuacións

eicho de dar

Na taberna enxebre  Eicho de dar queridiña.

alcouce4

Festival no Alcouce (Vilaboa)  2004

figueira

Na taberna A Figueira (Loira, Seixo) 2003

marcon1

Serán de Marcón (Pontevedra)

scotish1

No pub The scottisch highlander (Pontevedra)

ancares

No mesón campa da Braña (Os Ancares, Lugo)

cuspedriños

Magosto en Cuspedriños (Cotobade)

carballedo

En Carballedo

combarro

En Combarro

marcón-furancho abril 05 025

No furancho de Paco, Salcedo

pontevedra1

En Pontevedra

alcouce 2008

Festival no Alcouce (Vilaboa) 2008

Festa Anllo,25.xullo.o4 011

Festas de Santaigo en Anllo (Ourense)

Casa Jorjhinho

Festa en Marcón, casa de Jorginho e Sonia 

cerdedo2

Festival folc en Cerdedo

s. xurxo 04 a

Na Carballeira de San Xusto (Cotobade) 2004

IMG_0028

No Día da Muller. Pontevedra

Subida á Fracha 55

Festa do Club de Montañeiros de Pontevedra

VOC 12-11-05 002

Na Volvo Ocean Race (Vigo)

DSCF1909

Festa do río en Tomeza (Pontevedra)

feira franca`04 044

Na Feira Franca de Pontevedra

vincha

Festa da vincha. Cerdedo

san xoan 2004 036

Festa de San Xoán en Poboeiros (Ourense)

irl 1

No pub Matt Molloy´s  en Westport. (Irlanda)

Chichisos 007

De festa rachada no furancho

 

 

 

 

Deixe un comentario »

Realización de obradoiros

A realización de obradoiros é outra das súas actuación no eido da divulgación da música tradicional galega. A raíz da organización no ano 2007 do Curso de fabricación de instrumentos vexetais, que impartiría o gaiteiro Pablo Carpintero a petición dos Chichisos, ponse en marcha unha serie de obradoiros sobre fabricación destes rústicos e inxeniosos instrumentos musicais. Os Chichisos veñen impartindo estes cursiños a petición de outras asociacións que amosan o seu interese por recuperar estes sinxelos instrumentos que non só foron xogo de nenos, senón que foron os primeiros instrumentos nos que se iniciaron xeracións e xeración de músicos galegos.

-Obradoiro de cantos de reis no CEIP de Cabanas, Salcedo. Pontevedra. Decembro 2008.

-Curso de fabricación de instrumentos vexetais. Campo Lameiro. 27/setembro/2007.

-Curso de fabricación de instrumentos vexetais. Para o programa de formación de monitores de tempo libre.03/agosto/2007.

-Curso de fabricación de instrumentos vexetais. Ourense 2008

-Curso de fabricación de instrumentos vexetais. Tomeza (Pontevedra) 2009.

 

Deixe un comentario »

O Entroido

Celebración do Entroido

entroido salcedo

De mascaritas na parroquia de Salcedo (Pontevedra)

Dende o 2008 os Chichisos participan no Entroido de Pontevedra, ó marxe do programa oficial,  dinamizando e animando as rúas vila co ánimo de recupera aquel espírito festeiro, transgresor  e improvisado que tiña esta festividade pagá.  Tal como se facía antano nas ladeas da contorna cando se corría o Entroido, a formación musical percorre rúas e bares de Pontevedra acompañada da gaita e doutros instrumentos humildes e elementos de percusión co ánimo de leva-la alegría propia destas festas a tódolos veciños.

Tamén teñen participado no Entroido da parroquia de Salcedo onde era tradición por estas datas que saíran as mascaritas a pedir polas portas e a botarlles unha copla en agradecemento acompañados de canta obxecto ruidoso houber.  

No 2009 e concello de Soutomaior ponse en contacto cos Chichisos para organizar unha charanga de Entroido coa que saír polas parroquias do concello a celebra-la desta. Prepárase unha cantiga satírica e musícase en base á instrumentación sinxela propia destas celebracións.

  entroido

Balance de actuacións:

            Entroido Salcedo, Pontevedra. 25-02-2007

            Entroido en Pontevedra, folión polo Casco Vello. 01-02-2008

            Ravachol, Pontevedra, folión polo Casco Vello. 08-02-2008

            Obradoiro de Charanga. Arcade, Soutomaior. 19-02-2009

            Sábado de Entroido Pontevedra. 21-02-2009

            Martes de Entroido Pontevedra. 24-02-2009

            Ravachol Pontevedra. 27-02-2009

Deixe un comentario »

Orgullosos da súa herdanza musical

Moitos dos compoñentes dos Chichisos veñen de familia de músicos. Se de algo pode estar orgullosa esta terra é de ser canteira de músicos e artistas. Son, xa que logo, herdeiros dunha longa tradición musical familiar que fixo que dende novos prendera neles a semente da nosa música, ese vermiño rítmico que fai que un neno se achegue a un instrumentos e, como quen descobre un xoguete mecánico, tente sacar esas máxicas notas que escoitaba na casa interpretadas sempre nas destras mans dos seus maiores. Rendamos pois a nosa humilde homenaxe a aqueles nosos músicos que fixeron que hoxe nós sexamos o que somo se amemos a nosa música galega como eles a amaron.

 

Manuel Rey Durán “Manuco”. Acordeonista

manuco

Bisavó do gaiteiro dos Chichisos Rafael Quintía,  Manuel Rey Durán (1894-1975), popularmente coñecido como Manuco, era natural do lugar do Albeiro, parroquia de Marcón. Canteiro de profesión e músico de corazón.

Un dos máis virtuosos acordeonistas do seu tempo. Formouse en solfexo co ilustre mestre Refojo de Pontevedra. No ano 1918 gaña o concurso das Festas da Virxe do Camiño ó mellor acordeonista da provincia. Coa súa bicicleta e o seu acordeón ó lombo percorreu durante anos as parroquias e vilas de Pontevedra levando a súa música polos bailes, festas e romerías.

Ós 27 anos, tras casar, vai vivir a Salcedo onde montará no ano 1929 o seu propio Baile no lugar do Cruceiro. Co estalido da Guerra Civil e a cruel postguerra, como tristemente ocorreu con tantos bos músicos de Galiza, trúncase a súa carreira musical e Manuco deixa definitivamente de tocar para xa non volver actuar co seu acordeón nunca máis.

Sempre viviu coa pena de que o seu fillo non tivese dotes para a música e de que non puidese segui-lo seu legado, e soía dicir da súa filla, que si tiña esas cualidades musicais, “Que pena que non fose rapaz porque sería un bo acordeonista”, pero corrían outros tempos e era impensable que unha muller andase a toca-lo acordeón polos bailes. Finalmente falece no ano 1973 sen deixar un herdeiro directo da su técnica ou repertorio, e con el vaise tamén un xeito de vivi-la música e os bailes no noso  país.                     

Hoxe, 35 anos despois da súa morte e 35 anos despois da última tarde que pasei con el pelándolle castañas á caloriña do sol de outono, penso que pena non estivese aquí o meu bisavó Manuco para aprenderme a toca-lo acordeón como só el sabía facelo.

Por Rafa Quintía

José Peres Ucha. Frautista

josé peres uchaAvó do gaiteiro dos Chichisos Joâo Bieites, José Peres Ucha (17-06-1902/ 30-05-1979) nasceu em Leborei-Cerponções (Ponte Vedra). Foi trabalhador da RENFE,

Começa por tocar de forma autodidacta uma flauta mais pequena da que se pode observar na fotografia, com uma ou duas chaves (possivelmente uma requinta). Fazia dueto com Faustino Calvo que tocava a concertina (acordeão diatónico) e há notícias de os dois terem tocado no “Baile de Verduzido”por várias ocasiões.

Mais tarde, já casado e com filhos, consegue armar uma outra flauta (a que aparece na fotografia), maior do que a anterior, com peças de flautas diferentes adquiridas em segunda mão. Esta flauta, que ainda se conserva quase na sua totalidade, consta de quatro partes (inclui “barrilete” para a afinação) e oito chaves. È de fabrico alemão ou francês nas que as chaves se inserem por meio de peças metálicas, em contraposição às de fabrico britânico nas que as chaves se inserem directamente na madeira da flauta. A partir desta altura as suas actuações com Faustino são muito raras, limitando-se a alguma participação no citado “Baile de Verduzido”, a percorrer as casas da sua aldeia pela véspera do Natal ou nalguma celebração familiar, como é o caso que ilustra a fotografia, pois trata-se duma actuação que deu, junto com Faustino, na boda dum vizinho.

Por Joâo Bieites

 

Avelino Rodríguez Vázquez. Clarinetista

HPIM0769Pai de Rosalía Rodríguez, gaiteira dos Chichisos. Nado en Castomás, San Xoán de Poboeiros, Castro Caldelas, Ourense, o 13 de novembro de 1912, comezou a tocar, fabricando el mesmo os instrumentos, con frautas de centeo e de castiñeiro. Posteriormente, mercou no Castro unha frauta traveseira de madeira. As pezas aprendeunas a base de escoitar primeiro as bandas de música, ensaiándoas despois mentres ía coas vacas.

Cando tiña 16 ou 17 anos, mercou un clarinete, grazas a axuda económica do Pedro de Aguil, que lle emprestou os 20 pesos que lle pedían por el.

Xunto con outros músicos formaron o grupo “Os de Boazo”:

  • Xesús, ciscornio (fliscorno), natural de Boazo, A Teixeira, Ourense.
  • Alfredo, gaita, natural de Castomás, Poboeiros, Castro Caldelas, Ourense.
  • Avelino, clarinete, natural de Castomás, Poboeiros, Castro Caldelas, Ourense.
  • Manuel, caixa, natural de Boazo, A Teixeira, Ourense.
  • Henrique, bombo, natural de Boazo, A Teixeira, Ourense.
  • Xerardo, requinto, natural de Quintela, San Martiño de Pedrafita, A Teixeira, Ourense. Amais, foi compoñente do grupo “Os Primaveras”.

O repertorio estaba composto por todo tipo de pezas: muiñeiras, xotas, pasodobres, valses, polcas, “traspasados” (mazurcas), rumbas, tangos e pezas de moda  por aqueles anos como “Por la calle de Alcalá”.

Estiveron en activo entre os anos 1928 e 1939, tocando na zona de Castro Caldelas, A Teixeira, Doade, Montederramo…, en festas e verbenas (que daquelas, remataban, polas boas, ás 12 da noite, ou polas malas, coa presenza da garda civil). Tamén, nos fiadeiros e nos ensaios que se facían no corredor dunha casa de Boazo, onde, mentres eles tocaban, as rapazas da aldea aproveitaban para bailar.

Cando os chamaban para tocar nunha festa, cobraban por unha tarde 16 pesetas, e se tiñan que facer a festa completa –3 días enteiros–, engadíaselle a cama e a comida para os músicos. É dicir, cando era “a mantida”, a maiores dos cartos, os “mordomos”, aqueles que organizaban a festa, repartían os músicos para levalos as súas casas.

Cando tocaban, non tiñan traxe unificado. Cada un levaba o traxe que tiña.

No ano 1939 deixaron de tocar, xa que Manuel, o que tocaba a caixa, morreu na guerra.

Por  Rosalía Rodríguez

 

Manuel Feijoó Pérez. Gaiteiro

10-09-08 0103Pai de Xosé Feijoo, bombeiro dos Chichisos. Nado en Anllo, San Cibrao de Castrelo, Cea, Ourense, o 12 de xaneiro de 1931.

Xunto con outros músicos formaron o grupo “Os Gallegos”:

  • Manuel Feijoó Pérez, gaita.
  • Antonio González “O Mario das Casasnovas”, gaita.
  • Xosé Feijoó Fernández, bombo.
  • Manuel Feijoó Fernández, caixa

Manuel Feijoó Pérez é curmán dos irmáns Xosé e Manuel Feijoó Fernández.

A súa formación musical foi autodidacta.

Manuel Feijoó mercoulle a gaita a outro gaiteiro, Antonio García da Grela.

Mario mercoulle a gaita a un artesán de Covas, Afonso Crespo.

O repertorio estaba composto por todo tipo de pezas: muiñeiras, xotas, pasodobres, valses, rumbas…

Estiveron en activo entre os anos 1945 e 1950, tocando na zona de Cea. O máis lonxe que chegaron foi a Dacón, Maside, onde estiveron 3 días pola festa da Santa Rita. Os ensaios facíanos na solaina da actual vivenda de Manuel Feijoó Pérez, no lugar de Anllo nº 16.

Cando os chamaban para tocar nunha festa, cobraban por un día uns 10 pesos.

 Cando tocaban non tiñan traxe unificado, cada un levaba o traxe que tiña.

 

Por Xosé Feijoo

Deixe un comentario »

Xulián Carabelos, mestre dos Chichisos

A Xulián Carabelos, mestre e amigo

xulianO meu mestre de gaita ten salitre nas veas e un punteiro na alma. O meu mestre de gaita criouse na beira do mar de Marín, temperado no orgullo dun mundo mariñeiro e na bravura dunha terra peninsular, xogando entre as redes e as patelas, brincado entre as penas que un mar eterno labrou.

O meu mestre de gaita ten o carácter da mar atlántica que fende as penas e bica a area. Pasa da tormenta á mar calma coma quen camiña seguro pola fina liña que marca o amor e a paixón polo que fai. Por iso non se lle ten en conta aínda que ás veces me faga ferve-lo sangue, mais iso tampouco é moi difícil nun arroutado coma min…

O meu mestre de gaita non gusta de eloxios, de homenaxes e de falsos amigos que adoitan gabar segundo o vento que sopre. Os centos de alumnos que formou, os anos entregados á nosa música tradicional, os quilómetros percorridos por corredoiras e camiños lamacentos baixo sol e choiva, de aldea en aldea e de festa en festa son as súas merecidas medallas que penduradas no seu chaleque de gaiteiro hónrano como mestre e como persoa.

O meu mestre de gaita nunca di “ben tocado” mais sabemos que no fondo está orgulloso de nós aínda que non deamos todo o que el nos pide. De cando en vez agasalla a concorrencia cunha presiña de chistes e contos que coma picados, trinos e batementos inzan o aire de risas e festa. Chistes bravos vernizados de gheadas e seseos mariñeiros que só el pode contar como el conta.

O meu mestre de gaita ten un carácter de manda carallo e non gusta de alagos, non, pero agora vaise foder porque o meu mestre de gaita é o meu amigo e eu ós meus amigos chámoos polo nome: Xulián Carabelos, de Mogor, gaiteiro, mestre e amigo.

Ata o luns,

Rafa Quintía

Deixe un comentario »