Os Chichisos están a traballar na recuperación das antano famosas caliveras de calacús que os nenos adoitaban tallar na Noite de Defuntos. Para este ano 2009 está prevista realiza-lo primeiro obradoiro de talla de caveiras de calacús, actividade dirixida  a tódolos nenos de Pontevedra, Vilaboa  e parroquias.

Noite de Defuntos,

herdanza da festa celta do Samaín

calacus

A orixe desta festa pérdese na noite dos tempos e posiblemente sexa a mistura das tradicións e ritos dos diferentes pobos que pasaron por esta terra.

Así, para os celtas Samaín ( 31 de Outubro) era a última noite do ano e considerábase  un momento propicio para presaxiar o futuro. Pensaban que nesta noite as portas do outro mundo quedaban abertas e as ánimas dos defuntos e outros espíritos  invadían, por unhas horas, o mundo dos vivos;  as ánimas dos finados voltan visitar ás suas famílias na súas vellas casas para quentaren-se a carón do lume da lareira e comer dos alimentos que  lles tiñan preparados os parentes. Os celtas tamén acendían grandes fogueiras e colocaban as caveiras iluminadas dos seus inimigos no máis alto dos castros para espantar aos espíritos malignos. De aí pasouse a facer caliveras coa cortiza dos cabazos. Esta tradición conservouse ata os nosos días en todo Galicia, aínda que recibindo en cada lugar nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense… etc.

Os romanos, despois da conquistar territorios habitados por pobos célticos, engadiron ó Samain elementos da súa festa da colleita, celebrada o 1 de Novembro na honra de Pomona, deusa dos froitos e as árbores.  Os romanos ofrecíanlles froitos á súa deusa. En Galicia conservase a costume do Magosto, consistente en nunha festa onde se comen sempre castañas. Hai outras comidas e postres típicos destos días.

Os cristiáns, o 31 de Outobro, celebran a véspera de Todos os Santos, os católicos recordan aos seus mortos e axúdanos a saír do purgatorio. Os católicos acenden candeas que teñen que estar prendidas ata que se consuman para que os seus defuntos saian do purgatorio. Foi no século IX cando a Igrexa destinou o primeiro de novembro ó día de Todos os Santos e no século XII o día seguinte coma día de difuntos, cristianizando deste xeito a festa celta dos mortos.

Hoxe en día, por exemplo en Galicia, consérvase a tradición da cabaza ou dos calacús acesas, cócense castañas con anís para as ánimas do purgatorio e outros espectros. Aliméntanse e acéndense pequenas candeas que frotan dentro de cuncas de auga e aceite. Cando estas candeas se consumen, sabese que unha ánima do purgatorio alcanzou, por fin, a luz.

Quizais a mistura de todos estes elementos sexa a orixe das cabazas , que representan as caliveras dos inimigos , as froitas para ofrecer a Pomona e a vela que ten dentro a salvación das ánimas cristiáns e o efecto buscado polos druídas celtas coas súas fogueiras.

Coa cristanización a igrexa prohibiu moitos destes milenarios ritos por consideralos pagáns e foron  os nenos os que transformaron e continuaron estas celebracións  suplantando con disfraces ós defuntos e percorrian as casas onde lles agardaban carne,  pan,  viño e de doces que gardaban nas súas bolsas  para consumi-las logo nas s casas. A cambio dunhas cantigas de agradecemento ou de escárnio hacia os da casa, de non lles ter nada preparado.

Este costume que hoxe nos parece propio do Halloween yanki  era tradición común en Galicia, e xa no século XVI repararía o inquisidor, humanista e bispo de Mondoñedo, Frai Antonio de Guevara, nun costume do lugar que lle era alleo:

            “Constou-nos pola visita que o día de Todos os Santos e o día seguinte de     defuntos andan todos os mozos da fregresia a pedir polas portas e dan-lles pan e carne e viño e freixós e pixóns e outras cousas, e que piden así os fillos dos ricos     que os pobres; e por ser mais este rito xentíl que cristián, ordenamos e            mandamos que, de aquí en diante, ningún mozo vaia aqueles dous días de porta    en porta a pedir, senón que o beneficiado, o rector e o primiclero e outro que             nomeare a fregresia pidan aquel pan e todo o demais que lles deren ou repartan          na igrexa o día dos finados entre os pobres e necesitados, so pena que o pai ou a             nai que enviara ao seu fillo a pedir aqueles días pague mil maravedis[…]“

En canto a tradición de lle preparan comida para os defuntos que nos viñan visitar esa noite transcribimos a continuación outr texto do mesmo bispo:

            “[…] hachamos ter costumbre en moitas partes deste noso bispado que nos    mortuorios que fan, e o día dos finados, que é outro día de Todos os santos     comen e beben e poñen mesas dentro das igrexas e o que é peor, poñen xarros e           pratos acima dos altares facendo aparador deles. Ordenamos e mandamos que          ninguén sexa osado nos semellantes mortuorios e honrras e días de finados            comer nin beber nas igrexas, so pena que pague cada un dous ducados e o cura             que o consinte catro“.

Como o bispo franciscano de Mondoñedo Antonio de Guevara no era galego, non coñecía estes costumes e mantiña a crenza de que todas as nosas tradicións celtas eran de procedéncia  xudea ou mourisca, decidindo prohibir con ameazas e castigos as nosas tradicións.

Para finalizar,  comentar que existe a crenza xeralizada de que a Noite dos Calacús,  Samaín,  ou Halloween (véspera de Todos os Santos, en inglés All Hallow Eve ou Halloween) que no fondo é a mesma celebración é unha festa importada dende USA máis é todo o contrario como vimos de explicar. Sendo os dous millóns de galegos que emigraron a América dende o século XIX,  os emigrantes irlandeses e doutras nacións celtico-atlánticas que marcharon a  norteamericana  os que levaron alí a celebración do Día de Defuntos e que por desgraza nos volve hoxe en día en forma de Halloween desvirtuado e cutre, convertido nun comercial entroido festivo carente do fermoso significado máxico e ritual que tiña noutros tempos pasados a Noite dos Calacús.

calacus2

Advertisements

One response »

  1. Parécema unha idea ben bonita…procurarei ir e levar amigos.
    Apertas:
    Patricia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s