O compromiso coa realidade social e cultural da súa cidade e do seu país marca a súa terceira vía de actuación. Movidos por este compromiso gustan de colaborar desinteresadamente con diferentes colectivos e asociacións culturais, veciñais, ecoloxistas e deportivas do seu contorno. Pero o seu labor non fica só na colaboración senón que eles mesmos teñen emprendido e organizado distintos eventos e campañas neste senso.

 

A empacadora de Vilaboa

Os Chichisos, como recoñecemento ó movemento veciñal que se opuxo a construcción da empacadora de lixo que a Xunta de Galicia proxectara construír en Vilaboa tras ser rexeitada polo concello de Vigo, participou coa súa música na inauguración do monumento conmemorativo da victoria da loita veciñal contra aquelas obras sen sentido. O acto celebrouse no lugar de Río de Bois, Vilaboa  o día 10 de marzo do 2007 con motivo do X aniversario da retirada do proxecto da empacadora grazas a implacable oposición da plataforma antiempacadora .

 empacadora

A defensa da ría de Pontevedra:

O problema de contaminación medioambiental que causa a presenza da fábrica ENCE de producción de pasta de papel na ría de Pontevedra non pasa desapercibido para os Chichisos. O traslado da factoría a un lugar onde o seu impacto ambiental sexa amortecido e a recuperación do espazo natural que agora ocupa o complexo industrial son dúas demandas irrenunciables  que non aturan máis demora. Comprometidos con esta problemática os Chichisos participaron o 15 de xuño do 2003, compartindo cartel co Macfeck e Os Diplomáticos de Monte Alto, no concerto organizado pola  Asociación pola defensa da ría (APDR) co gallo da súa Marcha anual pola defensa da ría.

defensa da ría 2003


marcha-contra-celulosas.jpg

marcha-contra-celulosas-200.jpg

marcha-celulosas-2003-1.jpg

 

marcha-celulosas-2003-2.jpg

marcha-celulosas-2003-3.jpg

 

A marea negra do Prestige:

O accidente do petroleiro Prestige nas costas galegas, e a neglixente e suicida actuación posterior dos gobernos da Xunta e do Estado na xestión desta crise provocaron a maior catástrofe ecolóxica da historia de España e unha das maiores das ocorridas en todo o Mundo. O impacto das costas galegas tinguidas polo negro chapapote aínda perdura na alma dos galegos. Nesas tristes datas de horror os Chichisos participaron coa súa música en canto acto foron requiridos. Os dedos aínda manchados de chapapote dos seus gaiteiros acompañaron coa súa música a macromanifestación celebrada en Madrid, a Marea gaiteira de Compostela e outros actos de reivindicación e de protesta como o Magosto popular de Nunca Máis celebrado en Vilagarcía 31 de outubro do 2003 e o magosto conmemorativo da catástrofe que nesa mesma vila o colectivo Nunca Máis  celebrou en novembro do 2005.

nm

nunca mais

 magosto-nunca-mais-2003.jpg

Festival benéfico Kilo:

Un dos eventos benéficos máis importantes dos celebrados na contorna de Pontevedra é o Festival benéfico do kilo, que se celebra en Marín dende hai máis de vinte anos en beneficio do comedor de necesitados que funciona nas instalacións do colexio La Inmaculada. os Chichisos participaron neste festival por dous anos consecutivos, en. agosto de 2006 e agosto de 2007.

P1010152

 

O primeiro de maio:

Aínda que moito ten chovido dende que Marx escribira O capital a loita de clases, pese ó que moitos nos queren facer crer, é unha realidade vixente hoxe en día. A loita polos  dereitos da clase obreira, pola xustiza social, contra a escravitude hoxe máis viva que nunca, polo reparto xusto da riqueza e da renda seguen sendo materias pendentes da nosa sociedade capitalista. A reivindicación desta loita enmarcada nas celebración do primeiro de maio non se debe esquecer. Os Chichisos participaron no 2004 e 2006 nestas celebracións organizadas en Pontevedra polo sindicato UGT

 1º-maio-2004-web

Día da muller

A loita pola igualdade de dereitos e oportunidades da muller, a necesidade do recoñecemento do seu fundamental papel na sociedade e o respecto da súa dignidade como persoas son valores que tamén comparten e defenden os Chichisos. Por todo iso deciden participar nas celebración que con motivo do Día da muller se organizan  en marzo do 2007 no barrio de Monteporreiro, Pontevedra.

 IMG_0051

A memoria histórica

O ano 2006 e con motivo do Ano da memoria celebrouse a charla “O río Gafos testemuña da represión franquista”, organizado por Vaipolorío. Os Chichisos tiveron a honra de colaborar nesta emotiva homenaxe a aqueles homes e mulleres que defendendo a legalidade vixente da república foron vilmente represaliados e asasinados polo franquismo.

 

A Franxa de seguridade da Brilat de Figueirido

e a ocupación militar do monte veciñal

-Marcha dos veciños de Salcedo contra a franxa de seguridade da Brilat de Figueirido 28/06/2009

2009-06-29_IMG_2009-06-29_01_27_39_pon1salcedo

p29p11f2

http://www.nonafranxa.tk/

http://www.youtube.com/watch?v=pWB6uJgT8IQ&eurl=http%3A%2F%2Fwww%2Epostemiron%2Ees%2Fnonafranxa%2F&feature=player_embedded

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s