Os Chichisos, a raíz da súa constitución como asociación cultural deciden pór en marcha un programa de actividades culturais, obradoiros, cursos e charlas encarreirados a cubri-lo baleiro existente na divulgación de moitos campos do noso folclore musical. Uns poucos coñecidos, como os cantos de berce ou a técnica e o sentido do baile agarrado, e outros en serio perigo de desaparición como é a fabricación de instrumentos musicais con elementos vexetais ou o ancestral código de comunicación das campás. Para a organización destas actividade cóntanse sempre coa colaboración de reputados profesionais de cada campo, sendo eles os encargados de da-los cursos organizados polos Chichisos.

  • O aturuxo

Nesta liña de actuación deciden por en marcha o primeiro Curso de Aturuxo, que se teña constancia, celebrado en Galicia. Este curso, celebrado o 17 de decembro do 2006,

foi impartido por gaiteiro e artesán Pablo Carpintero,e enmarcouse no programa cultural Maio mes da Lingua do Concello de Pontevedra. Pontevedra. Conscientes da importancia e o valor simbólico que ten este berro no folclore galego os Chichisos decidiron por en marcha este primeiro curso de aturuxo, co ánimo, tanto de coñecer mellor a función do berro como, afondar na práctica do mesmo coa intención de que tódolos participantes neste cursiño finalizasen sabendo cómo e cando botar un bo aturuxo.

 

Breve achegamento ó Aturuxo

 O aturuxo é un berro característico do folclore galego, que é emitido polo ben polo público ou polos músico  no decurso dunha peza musical. É moi típico deseráns, romarías, foliadas, e de calquera tipo de xuntanza festiva cegando a converterse nun indicador do espírito festeiro dos presentes.

O lexicógrafo Eladio Rodríguez, definiu o aturuxo como “grito gutural, expansivo, agudo, forte e prolongado, que os mozos das nosas aldeas lanzan cando regresan das romarías, cando andan de ruada ou de tuna, cando acompañan algunhas mozas, ou cando desexan facerse coñecer a distancia, das súas mozas ou dos seus rivais.”

O aturuxo coñécese noutras zonas de Galicia como azuo, escutio, frixido, aturulo, ufido o agrúo.” Son sinónimos de aturuxar: agruar, asuar, atontar, atruxar, aturular, aturutar, azuar ou escutiar.

Vemos polo tanto que se trata dun berro que sae do máis fondo,  longo, forte, e modulado ata que se acaba o ar dos pulmóns. Cara o final e cando se está  acabando o ar adóitase entrecorta-lo berro para alongalo  o máis posible, xa que canto máis longo e forte se faga máis espectacular é. O aturuxo é un berro cheo de enerxía e vitalidade case instintivo que se bota para amosar alegría, orgullo ou animar ós músicos e os bailadores cando se fai a festa. O aturuxo tamén se ten utilizado como sinal de chamada para a comunicación entre aldeas distantes, sobre todo na montaña onde a resonancia da voz é maior, dado que era doado identificar a quen lanzaba o berro. Os arrieiros utilizaron o aturuxo para se comunicar entre eles ou para escorrentar ós posibles salteadores que frecuentaba daquela os camiños..

Este tipo de berro tamén existe noutros lugares de España, sobre todo da cornixa cantábrica. Os vascos coñéceno como irrenzzi ou irrintzi; en Burgos chámanlle relincho; os asturianos, jujío, juje, ijujú, richido ou riflido; os galegos, aturuxo o atrujo; en Murcia, ajujú. Nas zona montañosa do norte, relinchiu, ijujú, gucín, chipilío, relinchar, jisquío ou jipío. Tamén nos outros países célticos como Irlanda, Escocia ou  Bretaña francesa existen berros similares co aquel de amosar alegría ou dar azos os bailaríns e músicos. Non esquezamos tampouco o famoso berro do folclore mexicano, quen sabe si levado alá polos galegos emigrantes.

Para algúns investigadores a orixe do aturuxo estaría nos berros de gurra que proferían os galaicos antes de entrar en combate. O texto do autor latino Silio Itálico sobre a I guerra Púnica fálanos destes berros proferidos polos galaicos mentres marcaban os seu paso co golpear dos seus escudos:

Fibrarum et pennae divinarumque sagaces flammarum misit dives Callaecia pubem, barbara nunc patriis ululantem carmina linguis, nunc pedis alterno percussa verbere terra, ad numerum resonas gaudentem plauder castra
Silius Italicus

Outros antropólogos falan da posible función deste berro para espanta-los malos espíritos ou para atraer ó espírito da música no transcurso dunha celebración. Aínda hoxe para moitos pobos, como os bosquimáns, a música é sagrada e ten o seu propio espírito que é necesario invocar.

 

  • Instrumentos vexetais

Dado o éxito das xornadas sobre o aturuxo, decídese contactar de novo con Pablo Carpintero para organizar un Curso de fabricación de instrumentos vexetais. Obradoiro que se levaría a cabo o 26 de maio de 2007 nas marxes do río gafos cunha grande participación. O interese espertado por reste obradoiro fixo que moitas asociacións culturais contactasen cos Chichisos, o que lles animou a pór en marcha e impartir cursos semellantes noutras zonas de Galicia.

 

  • A linguaxe das campás

A falla de campaneiros, a perda de transmisión deste saber dunhas xeracións a outras e a crecente automatización e gravación dos sons e chamadas das campás están poñendo en serio perigo, non só o coñecemento dos distintos toques e o que significan senón tamén o propio oficio de campaneiro. Hoxe en día é pouca a xente nova que coñece o que significa cada toque da campá, co que este milenario linguaxe de comunicación a está a piques de desaparecer por perda da súa función dentro da cambiante sociedade rural actual.

A organización destas xornadas sobre campás e campaneiros pretende suplir esta falla de transmisión e por un grao de area na conservación e difusión deste ancestral xeito de se comunicar nas distancias.

campaneiros_en_insua_galicia

-Organización das I xornadas Días de campás e campaneiros. Pontevedra. 15 e 16/setembro/2007.

-Organización das II xornadas Días de campás e campaneiros. A Ínsua. 13/setembro/2008.

 

  • As cantigas de berce

Aquelas cantigas que escoitamos ós nosos pais cando nos arrolaban quedan por sempre gravadas no subconsciente da xente e son o primeiro contacto que temos¡ coa nosa música tradicional. Debido a importancia que estes cantos tradicionais teñen nos primeiros anos da infancia dos nenos, á necesidade de que o neno dende temperá idade se relacione coa nosa música e o noso idioma, o 18 de maio de 2008 e da man de Xaime Estévez, doutor en Ciencias da Educación e profesor de música no IES Álvaro Cunqueiro de Vigo, os Chichisos organizan o I Obradoiro de cantigas de berce , que se celebrou no local da Federación de Veciños Castelao de Pontevedra. Este obradoiro constou da seguinte programación:

• As cantigas de berce na música galega
• As cantigas de berce no ciclo da vida e do ano.
• Taller de práctica vocal: cantigas de berce de todo o mundo.
• Análise literaria e musical.
• Beneficios da lactación materna. A cargo de María Gayoso Couce, da Asociación Mámoa
• Taller de creatividade.
• Taller vocal-instrumental.
• Cantigas de berce dos nosos maiores: Sra. Divina e Sr. Manuel de Mogor, Marín, e Sra. Felicia de Paredes, Vilaboa.

 Merenda “infantil” pra todos os asistentes.

 

  • O baile agarrado

0243agharrado

-Organización do I Curso de baile agarrado. enmarcado no programa cultural Maio mes da Lingua do Concello de Pontevedra. Pontevedra. Pontevedra. maio/2009.

A organización desta xornada lúdica divulgativa, ten por obxecto o dar un amplo visionado, a unha das formas do noso baile tradicional, o baile agarrado, e sempre tratando de mostrar os bailes da forma máis auténtica, e respectando as formas e contidos, que nos foran transmitidos a través de múltiplas recollidas.

A xornada estará animada polos gaiteiros Airiños de Silvoso. O curso será impartido polo mestre David Álvarez López, da Agrupación folclórica Xalgarete de Vigo.

Programación:

1.- Breve introducción do contexto histórico, ou o como os bailes agarrados se integran no baile galego.

2.-Introducción aos ritmos: pasodobre, valse, mazurca…., sempre mostrándoos tal e como eran executados nalgunha das comarcas de Galiza, polos nosos devanceiros

3.-Os xogos: como elementos etnográficos, nos que pode aparecer inserido o baile agarrado (o xogo do gharutinho)

baile2baile

bail agra 2baila agara3baile agarr 4

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s