Celebración do Entroido

entroido salcedo

De mascaritas na parroquia de Salcedo (Pontevedra)

Dende o 2008 os Chichisos participan no Entroido de Pontevedra, ó marxe do programa oficial,  dinamizando e animando as rúas vila co ánimo de recupera aquel espírito festeiro, transgresor  e improvisado que tiña esta festividade pagá.  Tal como se facía antano nas ladeas da contorna cando se corría o Entroido, a formación musical percorre rúas e bares de Pontevedra acompañada da gaita e doutros instrumentos humildes e elementos de percusión co ánimo de leva-la alegría propia destas festas a tódolos veciños.

Tamén teñen participado no Entroido da parroquia de Salcedo onde era tradición por estas datas que saíran as mascaritas a pedir polas portas e a botarlles unha copla en agradecemento acompañados de canta obxecto ruidoso houber.  

No 2009 e concello de Soutomaior ponse en contacto cos Chichisos para organizar unha charanga de Entroido coa que saír polas parroquias do concello a celebra-la desta. Prepárase unha cantiga satírica e musícase en base á instrumentación sinxela propia destas celebracións.

  entroido

Balance de actuacións:

            Entroido Salcedo, Pontevedra. 25-02-2007

            Entroido en Pontevedra, folión polo Casco Vello. 01-02-2008

            Ravachol, Pontevedra, folión polo Casco Vello. 08-02-2008

            Obradoiro de Charanga. Arcade, Soutomaior. 19-02-2009

            Sábado de Entroido Pontevedra. 21-02-2009

            Martes de Entroido Pontevedra. 24-02-2009

            Ravachol Pontevedra. 27-02-2009

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s