Moitos dos compoñentes dos Chichisos veñen de familia de músicos. Se de algo pode estar orgullosa esta terra é de ser canteira de músicos e artistas. Son, xa que logo, herdeiros dunha longa tradición musical familiar que fixo que dende novos prendera neles a semente da nosa música, ese vermiño rítmico que fai que un neno se achegue a un instrumentos e, como quen descobre un xoguete mecánico, tente sacar esas máxicas notas que escoitaba na casa interpretadas sempre nas destras mans dos seus maiores. Rendamos pois a nosa humilde homenaxe a aqueles nosos músicos que fixeron que hoxe nós sexamos o que somo se amemos a nosa música galega como eles a amaron.

 

Manuel Rey Durán “Manuco”. Acordeonista

manuco

Bisavó do gaiteiro dos Chichisos Rafael Quintía,  Manuel Rey Durán (1894-1975), popularmente coñecido como Manuco, era natural do lugar do Albeiro, parroquia de Marcón. Canteiro de profesión e músico de corazón.

Un dos máis virtuosos acordeonistas do seu tempo. Formouse en solfexo co ilustre mestre Refojo de Pontevedra. No ano 1918 gaña o concurso das Festas da Virxe do Camiño ó mellor acordeonista da provincia. Coa súa bicicleta e o seu acordeón ó lombo percorreu durante anos as parroquias e vilas de Pontevedra levando a súa música polos bailes, festas e romerías.

Ós 27 anos, tras casar, vai vivir a Salcedo onde montará no ano 1929 o seu propio Baile no lugar do Cruceiro. Co estalido da Guerra Civil e a cruel postguerra, como tristemente ocorreu con tantos bos músicos de Galiza, trúncase a súa carreira musical e Manuco deixa definitivamente de tocar para xa non volver actuar co seu acordeón nunca máis.

Sempre viviu coa pena de que o seu fillo non tivese dotes para a música e de que non puidese segui-lo seu legado, e soía dicir da súa filla, que si tiña esas cualidades musicais, “Que pena que non fose rapaz porque sería un bo acordeonista”, pero corrían outros tempos e era impensable que unha muller andase a toca-lo acordeón polos bailes. Finalmente falece no ano 1973 sen deixar un herdeiro directo da su técnica ou repertorio, e con el vaise tamén un xeito de vivi-la música e os bailes no noso  país.                     

Hoxe, 35 anos despois da súa morte e 35 anos despois da última tarde que pasei con el pelándolle castañas á caloriña do sol de outono, penso que pena non estivese aquí o meu bisavó Manuco para aprenderme a toca-lo acordeón como só el sabía facelo.

Por Rafa Quintía

José Peres Ucha. Frautista

josé peres uchaAvó do gaiteiro dos Chichisos Joâo Bieites, José Peres Ucha (17-06-1902/ 30-05-1979) nasceu em Leborei-Cerponções (Ponte Vedra). Foi trabalhador da RENFE,

Começa por tocar de forma autodidacta uma flauta mais pequena da que se pode observar na fotografia, com uma ou duas chaves (possivelmente uma requinta). Fazia dueto com Faustino Calvo que tocava a concertina (acordeão diatónico) e há notícias de os dois terem tocado no “Baile de Verduzido”por várias ocasiões.

Mais tarde, já casado e com filhos, consegue armar uma outra flauta (a que aparece na fotografia), maior do que a anterior, com peças de flautas diferentes adquiridas em segunda mão. Esta flauta, que ainda se conserva quase na sua totalidade, consta de quatro partes (inclui “barrilete” para a afinação) e oito chaves. È de fabrico alemão ou francês nas que as chaves se inserem por meio de peças metálicas, em contraposição às de fabrico britânico nas que as chaves se inserem directamente na madeira da flauta. A partir desta altura as suas actuações com Faustino são muito raras, limitando-se a alguma participação no citado “Baile de Verduzido”, a percorrer as casas da sua aldeia pela véspera do Natal ou nalguma celebração familiar, como é o caso que ilustra a fotografia, pois trata-se duma actuação que deu, junto com Faustino, na boda dum vizinho.

Por Joâo Bieites

 

Avelino Rodríguez Vázquez. Clarinetista

HPIM0769Pai de Rosalía Rodríguez, gaiteira dos Chichisos. Nado en Castomás, San Xoán de Poboeiros, Castro Caldelas, Ourense, o 13 de novembro de 1912, comezou a tocar, fabricando el mesmo os instrumentos, con frautas de centeo e de castiñeiro. Posteriormente, mercou no Castro unha frauta traveseira de madeira. As pezas aprendeunas a base de escoitar primeiro as bandas de música, ensaiándoas despois mentres ía coas vacas.

Cando tiña 16 ou 17 anos, mercou un clarinete, grazas a axuda económica do Pedro de Aguil, que lle emprestou os 20 pesos que lle pedían por el.

Xunto con outros músicos formaron o grupo “Os de Boazo”:

  • Xesús, ciscornio (fliscorno), natural de Boazo, A Teixeira, Ourense.
  • Alfredo, gaita, natural de Castomás, Poboeiros, Castro Caldelas, Ourense.
  • Avelino, clarinete, natural de Castomás, Poboeiros, Castro Caldelas, Ourense.
  • Manuel, caixa, natural de Boazo, A Teixeira, Ourense.
  • Henrique, bombo, natural de Boazo, A Teixeira, Ourense.
  • Xerardo, requinto, natural de Quintela, San Martiño de Pedrafita, A Teixeira, Ourense. Amais, foi compoñente do grupo “Os Primaveras”.

O repertorio estaba composto por todo tipo de pezas: muiñeiras, xotas, pasodobres, valses, polcas, “traspasados” (mazurcas), rumbas, tangos e pezas de moda  por aqueles anos como “Por la calle de Alcalá”.

Estiveron en activo entre os anos 1928 e 1939, tocando na zona de Castro Caldelas, A Teixeira, Doade, Montederramo…, en festas e verbenas (que daquelas, remataban, polas boas, ás 12 da noite, ou polas malas, coa presenza da garda civil). Tamén, nos fiadeiros e nos ensaios que se facían no corredor dunha casa de Boazo, onde, mentres eles tocaban, as rapazas da aldea aproveitaban para bailar.

Cando os chamaban para tocar nunha festa, cobraban por unha tarde 16 pesetas, e se tiñan que facer a festa completa –3 días enteiros–, engadíaselle a cama e a comida para os músicos. É dicir, cando era “a mantida”, a maiores dos cartos, os “mordomos”, aqueles que organizaban a festa, repartían os músicos para levalos as súas casas.

Cando tocaban, non tiñan traxe unificado. Cada un levaba o traxe que tiña.

No ano 1939 deixaron de tocar, xa que Manuel, o que tocaba a caixa, morreu na guerra.

Por  Rosalía Rodríguez

 

Manuel Feijoó Pérez. Gaiteiro

10-09-08 0103Pai de Xosé Feijoo, bombeiro dos Chichisos. Nado en Anllo, San Cibrao de Castrelo, Cea, Ourense, o 12 de xaneiro de 1931.

Xunto con outros músicos formaron o grupo “Os Gallegos”:

  • Manuel Feijoó Pérez, gaita.
  • Antonio González “O Mario das Casasnovas”, gaita.
  • Xosé Feijoó Fernández, bombo.
  • Manuel Feijoó Fernández, caixa

Manuel Feijoó Pérez é curmán dos irmáns Xosé e Manuel Feijoó Fernández.

A súa formación musical foi autodidacta.

Manuel Feijoó mercoulle a gaita a outro gaiteiro, Antonio García da Grela.

Mario mercoulle a gaita a un artesán de Covas, Afonso Crespo.

O repertorio estaba composto por todo tipo de pezas: muiñeiras, xotas, pasodobres, valses, rumbas…

Estiveron en activo entre os anos 1945 e 1950, tocando na zona de Cea. O máis lonxe que chegaron foi a Dacón, Maside, onde estiveron 3 días pola festa da Santa Rita. Os ensaios facíanos na solaina da actual vivenda de Manuel Feijoó Pérez, no lugar de Anllo nº 16.

Cando os chamaban para tocar nunha festa, cobraban por un día uns 10 pesos.

 Cando tocaban non tiñan traxe unificado, cada un levaba o traxe que tiña.

 

Por Xosé Feijoo

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s