17 de agosto de 2009

Ana Rosalía Rodríguez Lorenzo, secretaria da Asociación Cultural Os Chichisos, con enderezo en Rúa Riestra 6 4º B, 36001 Pontevedra, con CIF G36555191, e inscrita no Rexistro de asociacións da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza  co número2007/010692-1.

Membros de Os Chichisos acudimos o pasado 8 de agosto á lectura do pregón que marca o inicio das festas da Peregrina, onde puidemos observar como unha deficiente calidade de son non deixou disfrutar do excelente pregón de Fina Casalderrey, mais o realmente grave, ao noso entender, ocorreu cando a continuación se desenrolan unha serie de actividades invasoras da nosa cultura, tales como “o chupinazo”, e a interpretación, por parte da charanga que alí se atopaba, dos temas “Desde Santurce a Bilbao”, “Uno de enero, dos de febrero…”, etc, todo elo animado por grupos de “peñas” alí congregados, contribuíndo así á “enSANFERMINzación” das Festas de Pontevedra.

Por todo elo dende Os Chichisos, solicitamos que en vindeiros anos se tome en consideración o seguinte:

  • A supresión do “chupinazo”, xa que é un elemento introducido fai pouco e que non ten nada que ver coas festas desta cidade.
  • Que se escolla entre as ducias de temas compostos en Pontevedra e para Pontevedra, para que se converta e institucionalice o seu son no inicio da nosa Festa, para que Pontevedra teña son de seu.

Por uns novos “Aires de festa en Pontevedra

 

Ana Rosalía Rodríguez Lorenzo

Secretaria de Os Chichisos

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s