Si nas devesas das montañas do Courel O Apalpador , un vello xigante, de oficio carboeiro, na noite de Nadal baixa ás
aldeas pra achegarse aos nenos que durmen e apalparlle as barrigas pra ver se están ben alimentados e desexarlles que
no ano vindeiro non pasen fame, e mentres marcha déixalles unha presa de castañas quentes;
no val de Tomeza (Pontevedra), alí onde o río dos Gafos se nomea río da Estación (Figueirido-Vilaboa-Pontevedra),
acostuma escaravellar un trasno rebuldeiro, O Demo Asubiador. O tal perello ten por ocupación escoller no aninovo o
parvo da aldea, un parvo por ano. O demo inviste o seu lecer, que é moito, asubiando no ouvido do escolleito. A
vítima pasa o ano escoitando campás e sen saber onde. Cumprido o prazo, o mítico pillabán afánase na elección doutro
coitado, e, segundo din, isto leva acontecendo dende que as orellas penduran da cachola.

Maís información

•    Seres míticos do río dos gafos en http://www.galiciaencantada .com

•    No libro “Andar primeiro de río. Inmateriais do río dos Gafos” de Calros Solla

•    Asociación vaipolorío ( http://www.vaipolorio.org ) tlfno 676 842 942

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s