A Asociación de Mulleres Espadela de Cerdedo ten o pracer de convidarte á súa X Edición da Festa da Vincha que terá lugar no pavillón de deportes municipal de Cerdedo o vindeiro domingo 14 de febreiro.
 
Coincidindo co décimo aniversario da Asociación e da Festa teremos unha exposición que mostrará ahistoria da asoaciación ó longo destes dez anos
 
Este ano, aparte do xa tradicional Concurso de vinchas contaremos cun novo concurso: Doces de Antroido: filloas, orellas e flores. As bases estarán á vosa disposición expostas en cada aldea ou dispoñedes dun número de teléfono para informarvos
 
Durante todo o día contaremos con música tradicional galega a cargo de “Os Chichisos” e “Os abrentes” de Cerdedo que nos amenizarán a xornada
 
Podes xantar no pavillón xa que contamos con polbo, churrasco e lacón con grelos a prezos populares
 
Teremos á venda doces de antroido e a nosa famosa vincha (¡se non a coñeces tes que vir e probala!)
 
Espadela quere renderlle este ano  homenaxe ó director de cine e veciño de Forcarei  Chano Piñeiro, coincidindo co 25 aniversario da súa morte, entre outros traballos é o pai da entrañable curtametraxe “Mamasunción” . Teremos a honra de contar este ano con Mariluz Montes Quireza, viúva de Chano, coma pregoeira.
A lectura do pregón terá lugar ás 12:00 para inaugura-la festa
 
Contaremos con diversos obradoiros de oficios artesáns e postos de productos ecolóxicos e da terra
 
NO NOME DE TÓDALAS MULLERES QUE FACEMOS POSIBLE ESTA FESTA QUEDADES CONVIDADOS E CONVIDADAS A CELEBRA-LO NOSO DÉCIMO ANIVERSARIO E O ANTROIDO NA NOSA COMPAÑA.
 
¡¡ESTE 14 DE FEBREIRO SEGURO QUEDAREDES NAMORADOS E NAMORADAS DA VINCHA!!
 
Para calquera información, aclaración ou dúbida tes á túa disposición o seguinte número de teléfono: 609 682 759  (Isabel Fraga, secretaria de Espadela)
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s