Pola reapertura da delegación da RTVG en Pontevedra

O pasado 30 de novembro a CRTVG tomou a determinación de pechar a Delegación de Pontevedra, na que traballaban 23 persoas, dando cobertura informativa ás comarcas de Pontevedra, o Salnés, Caldas e a gran parte da comarca do Morrazo. Consideramos que os cidadáns destas comarcas non poden ser ignorados polo servizo de información pública que ofrece a Televisión de Galicia e a Radio Galega. O despedimento, sen aviso previo, de doce traballadores e o traslado doutros once que traballaban en Pontevedra á delegación de Vigo non permite que se realice a correcta cobertura informativa desta zona. Lonxe diso, as dúas áreas (Pontevedra e Vigo) viron diminuídas considerablemente as súas capacidades de cobertura e de reacción pola redución do persoal e o aumento da área xeográfica de traballo, deixando ás comarcas anten mencionadas nun grave desamparo informativo. Ademais da delegación de Ponteveddra, a reestruturación que a CRTVG fixo nas súas delegacións tamén supuxo o peche dos centros de Ferrol, Burela, Porto e Bruxelas, así como o despedimento de máis de medio cento de traballadores e creou un grave precedente de vulneración dos dereitos dos traballadores nun medio público. Por outra banda, estas accións están danando a calidade informativa da Radio e a Televisión públicas galegas, e causando prexuízos a tódolos cidadáns. Por este motivo, hoxe reclamamos aquí a reapertura da delegación da Radio e a Televisión de Galicia en Pontevedra, a reincorporación nesta cidade dos traballadores trasladados a Vigo e a readmisión dos despedidos. Por todo elo pedimos a asistencia a concentración o luns 31 de xaneiro na Praza da Peregrina de Pontevedra ás 20,30 h.

Asinado:

OS CHICHISOS

ASOCIACIÓN CULTURAL E GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s