Hoxe chegamos ás 10.000 visitas ó noso humilde blog, así que queremos dárvo-las grazas a todos polo voso apoio e seguimento ó longo destes anos.

Para celebrar tal feito queremos facer un concurso entre todos vós. A cousa é moi doada: o primeiro que adiviñe as tres adiviñas que vos propoñemos será o gañador. Podedes manda-las vosas respostas en forma de comentario a este post. O nome do gañador será publicado neste blog, o antes posible, para que se poña en contacto connosco e nos dea o enderezo postal para remitirlle o premio.

E que imos sortear? Pois un DVD do documental “Monte do Seixo, a Montaña Máxica” na que os Chichisos interpretan o tema principal da banda sonora e un exemplar da publicación “Fol de Veleno. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”, na que os Chichisos publican un interesante artigo sobre a milenaria linguaxe das campás.

Queremos da-las grazas os compañeiros do grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca por cedernos ámbolos dous agasallos.

E agora as adiviñas:

1ª:

Debaixo da saia da nai

anda o pirulo do pai

2ª:

Que cousa é, para adiviñar é,

que come e come

e nunca se dá enchido

3ª:

Zancarrandullo andaba na festa,

no medio inchaba, no rabo roncaba,

tiña orellas e zangoneaba

Xa sabedes, o máis rápido e listo ficará co regalo. ASÍ QUE AGARDAMOS POLAS VOSAS RESPOSTAS  E MOITA SORTE!!

Advertisements

6 responses »

  1. ROSA MOREIRA di:

    Penso que a primeira é a Campá e as outra dúas refírense á gaita.Saúdos.

    tfno : 986 387 147

  2. Miguel Mosteiro di:

    1) a campá.
    2) o fol.
    3) a gaita.

  3. XOAN ARCO DA VELLA di:

    a campa

    muiño

    gaita

    XOAN ARCO DA VELLA

    • chichisos di:

      Noraboa Xoán, acabas de gaña-lo premio!!
      Efectivamente “Debaixo da saia da nai anda o pirulo do pai” é a campá co seu badal,
      “Que cousa é, para adiviñar é, que come e come e nunca se dá enchido?” é o muiño e
      “Zancarrandullo andaba na festa, no medio inchaba, no rabo roncaba, tiña orellas e zangoneaba” só pode se-la gaita de fol.
      Por favor mándanos un email a chichisos@yahoo.es para pórnos en contacto contigo e entregarche o premio. Felcidades de novo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s