Xoán Arco da Vella acaba de gaña-lo concurso dos Chichisos co gallo das 10.000 visitas ó noso blog. Ponte en contacto connosco para entregarche o DVD do “Monte do Seixo, a Montaña Máxica” e o exemplar de “Fol de Veleno. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”.

A tódolos que participaron moitas grazas, pero hai que dicir que, si ben tivemos máis de 100 visitas hoxe con motivo do concurso, tan só tres valentes se atreveron a probar sorte, así que para agradecérlle-lo bo humor e as ganas de participar neste  sorteo os Chichisos acabamos de decidir que tanto a Miguel Mosteiro como a Rosa Moreira se lles fará entrega a cada un dun exemplar da revista “Fol de Veleno. Revista de Etnografía e Historia de Galiza” como premio de “consolación”. Contactade no email chichisos@yahoo.es para facervos entrega dos agasallos.

Advertisements

2 responses »

  1. vicente di:

    Pero……
    …cales eran as respostas correctas??

    • chichisos di:

      Ola Vicente, as respostas correctas das adiviñas están nas respostas ós comentarios da xente. De tódolos xeitos aquí as tes:

      “Debaixo da saia da nai anda o pirulo do pai” é a campá co seu badal,
      “Que cousa é, para adiviñar é, que come e come e nunca se dá enchido?” é o muiño e
      “Zancarrandullo andaba na festa, no medio inchaba, no rabo roncaba, tiña orellas e zangoneaba” só pode se-la gaita de fol.

      Saúdos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s