A historia da agrupación musical Os Chichisos

 O grupo de música tradicional Os Chichisos tivo o seu xermolo no ano 1991 cando un grupo de amigos con inquedanzas musicais, e movidos polo seu interese na conservación e difusión da nosa tradición musical, se xuntaron para afondar no coñecemento e na aprendizaxe da música popular galega. No ano 1994 Toño Vázquez, César Martínez, Paco Sutil e Rafa Quintía decidiron forma-los Chichisos, recuperando o nome co que César bautizara unha efímera formación que fundara a principios dos noventa.  Os novos Chichisos actuaron como tales por primeira vez un 24 de abril de 1994 na Festa do Garavanzo organizada pola asociación veciñal Pedra do lagarto na Eiriña, Pontevedra.

Pero foi no ano 2000, coa entrada na formación de Xosé Feijoó ó bombo e de Rosalía Rodríguez á gaita, e no 2002 coa incorporación de João Bieites á gaita e Ana Llevot á pandeireta, cando realmente colle pulo a carreira musical da formación e se comeza a traballar intensamente na recuperación e divulgación do noso acerbo cultural. Dende ese ano son múltiples as súas colaboracións en diferentes ámbitos da vida cultural de Pontevedra, así como innumerables son as actuacións que Os Chichisos veñen realizando por todo o territorio galego e incluso en Irlanda, onde participaron no “NYAH County Cavan Arts Festival 2005”. No ano 2007, e para poder darlle outro empurrón ó seu labor divulgativo, constitúense como asociación cultural. Nese mesmo ano incorpórase á formación Conchi Pereiro como pandereteira. No ano 2008 pasan a formar parte do grupo e da asociación Belén Juncal como pandereteira e José Carlos García como gaiteiro. No ano 2009 a pandereteira Ana Llevot deixa a formación e incorpórase Santiago Camarero como frautista e pandereteiro.

os-chichisos

Durante os anos 2014 e 2015 o grupo sufre unha fonda remodelación ó deixaren a formación Toño Vázquez, Belén Juncal, Paco Sutil, Conchi Pereiro, José Carlos García e Joãn Bieites. No ano 2016 incorpóranse ó grupo o tamborileiro Alex farto e o gaiteiro Xavier Paredes polo que, na actualidade, Os Chichisos están formados por 7 membros.

Ó longo de todos estes anos foron moitos os lugares da nosa xeografía que recibiron a visita musical dos Chichisos. Se ben a maior parte da súa actividade desenvólvena na provincia de Pontevedra, tamén teñen actuado e realizado distintas actividades en múltiples currunchos das catro provincias do país.

 Se hai dous aspectos que caracterizan os Chichisos son o seu espírito festivo e lúdico e o seu compromiso coa realidade social e cultural da súa cidade e do seu país. Poderiamos resumi-la actividade dos Chichisos ó longo destes anos en catro puntos básicos ou campos de actuación, cítese:

 •Divulgación da nosa música tradicional e actividades didácticas vinculadas ó noso patrimonio musical.

• Recuperación de tradicións.

• Compromiso social.

• Festa e goce coa música popular galega.

Maís información nos libros:

De Vello, Gaiteiro! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

Para cantar veño eu! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

 

   

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s