Como este ano fumos bos e cantamos os Reis moi ben, as súas Maxestades de Oriente trouxéronnos como agasallo a publicación deste novo traballo do compañeiro Rafael Quintía. Manterémosvos informados sobre a data de presentación oficial do libro, mentres tanto xa está dispoñible para a súa adquisición a través do noso blog.

 

PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

Empregando como fío condutor o labor que a asociación cultural e grupo de música tradicional Os Chichisos leva a cabo dende hai case dúas décadas, o autor ofrécenos nesta obra un compendio de apuntamentos etnográficos sinxelos e concisos en torno ó universo da música popular galega e das súas diferentes expresións e manifestacións. Un percorrido polos instrumentos tradicionais, os ritmos e os bailes, as festas do ciclo do ano e as tradicións musicais a elas asociadas, a ancestral linguaxe das campás, os cantos de berce  e moitas outras dimensións do noso folclore que irán desfilando polas páxinas deste libro para achegarlle á xente nova e ó neófito do noso folclore o rico e variado tesouro da música tradicional galega. “Para cantar veño eu” complétase cunha amena unidade didáctica que inclúe os exercicios e as prácticas necesarias para que a xente máis nova practique, comprenda  e asimile os diferentes contidos deste traballo. Para cantar veño eu! é unha obra de Rafael Quintía, antropólogo, economista e membro fundador da Sociedade Antropolóxica Galega.

Datos técnicos:

Autor:Rafael Quintía Pereira

Editorial:Sociedade Antropolóxica Galega e A.C. Os Chichisos

Impresión:branco e negro

Tamaño:23×16

274  páxinas

I.S.B.N. 978-84-615-4507-0

PVP: 18 €

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s