DE VELLO, GAITEIRO! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

De vello, gaiteiro! é unha obra de Rafael Quintía, antropólogo, economista e músico tradicional. Neste traballo faise un percorrido pola biografía da asociación cultural e grupo de música tradicional Os Chichisos que neste ano 2012 cumpriu os seus 18 anos de existencia.

O presente libro sírvelle ó autor para conmemorar esa maioría de idade da agupación, facendo un repaso ó que foron estas case dúas décadas de traballo a prol da divulgación da cultura musical tradicional galega en tódalas súas vertentes. Biografías dos músicos, historia da agrupación, actividades didácticas, obradoiros, colaboracións culturais, artigos, fotografías, prensa, concertos, festas e romarías desfilan polas páxinas da obra construíndo un completo retrato do que foi e é a agrupación musical e asociación cultural Os Chichisos. De vello, gaiteiro! Inclúe, ademais, un catálogo de 33 cadros do artista Francisco Sutil onde Os Chichisos son os protagonista da súa obra pictórica.

Datos técnicos:
Autor: Rafael Quintía Pereira
Editorial: A.C. Os Chichisos
Impresión: branco e negro
Tamaño: 23×16
156 páxinas
I.S.B.N. 978-84-615-4506-3

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s