O compañeiro dos Chichisos Rafa Quintía presentará o vindeiro día 16 o seu libro “Para cantar veño eu”. O acto celebrarase dentro do marco das I Xornadas darredor da música tradicional.

xornadas musica tradicional

 

 

DATAS:

15 e 16 de decembro de 2012

Prema no título para ver a nova ao completo

LUGAR

Centro Lug2

Rúa Pintor Corredoira 4

27002 Lugo

INSCRICIÓN

Para participar é preciso inscribirse a través do correosecretaria@gaiteirosgalegos.com ou do teléfono 986 84 70 74

O prazo de inscrición rematará o 13 de decembro ou cando se complete o aforo, en tal caso aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes.

Prégase comprobar dispoñibilidade de prazas e aceptación da solicitude antes de facer o pago da inscrición.

PREZO DA MATRÍCULA

Socios da AGG: 5 €

Outros : 10 €

 

PROGRAMA

SÁBADO 15 DE DECEMBRO

Mañá

10.30 h – Acto de apertura das xornadas.

11.00 h – I RELATORIO: Ouribería Popular Galega. Francisco Rodríguez Fdez “Pancho”

12.00 h – DESCANSO

12.15 h – PRESENTACIÓN DE NOVAS PUBLICACIÓNS SOBRE MÚSICA TRADICIONAL

– Vámola Alboreando. Músicas de Teo. Asociación Cultural “A Regionalista”

– Son do Fol. Xaime Estévez

13.00 h – II RELATORIO: Proxecto Treboada Galega. Xerardo F. Santomé

 

Tarde:

16.00 h – III RELATORIO: A gaita asturiana: historia e usos tradicionais. Alfonso Fernández

17.00 h- IV RELATORIO: Zahagidun gaita Euskal Herrian- A cornamusa no País Vasco. Juan Mari Beltran

18.00 h – DESCANSO

18.15 h – V RELATORIO: As gaitas de fol na Pontevedra de finais do S. XIX. Tipoloxía, técnica interpretativa e repertorio. Pablo Carpintero

19.15 h – CONCERTO: Xirolarrua – Gaita de bota. Juan Mari Beltrán e Fernando Jalón

 

DOMINGO 16 DE DECEMBRO

Mañá:

10.00 h – VI RELATORIO: A gaita de fol em Portugal. Asociación Gaita de Foles

11.00 h – PRESENTACIÓN DE NOVAS PUBLICACIÓNS SOBRE MÚSICA TRADICIONAL

– A Requinta adobada. Alexandre Cadarso “Cano”

– Para cantar veño eu! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos. Rafael Quintía

11.40 h – DESCANSO

12.00 h – VII RELATORIO: D. Casto Sampedro e a música do cantigueiro galego de tradición oral. Xavier Groba

13.00 h-VIII RELATORIO: A Gaita en Zamora. Escalas e repertorio nas distintas comarcas. Alberto Jambrina e Pablo Madrid

 

Tarde:

16.00 h – IX RELATORIO: Técnica expandida ou o gaiteiro moderno. Paulo González

17.00 h – PRESENTACIÓN DE NOVAS PUBLICACIÓNS SOBRE MÚSICA TRADICIONAL

– O Cancioneiro de Cabana de Bergantiños. Olga Kirk e Pablo Díaz

– Caderno 20: 24 Estudos Tonais para gaita de fol. David Bellas

17:40 h – DESCANSO

18.00 h – RELATORIO – CONCERTO: Unha Imaxe, unha melodía, un recordo. Exposición e percorrido gráfico – sonoro polas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Asociación Berros do Castro

19.00 h – Remate das Xornadas

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s