cartaz noites abertas 2015 chichisos

Existe unha grande riqueza instrumental dentro do folclore galego. Moitos destes instrumentos son autóctonos, outros serían introducidos co devir dos tempos, e outros moitos non se lles podería chamar propiamente instrumentos musicais pois son ferramentas de traballo ou utensilios de cociña que foron usados como instrumentos de percusión para acompaña-lo canto.

É precisamente nestas ferramentas e utensilios instrumentalizado — catalogados como humildes— nos que centraremos este obradorio. Cómpre salientar que non sempre se dispuña de cartos ou recursos para facerse cun instrumento musical, polo que o pobo botaba man da autofabricación e do emprego de ferramentas e utensilios da vida cotiá da casa para emprega-los como instrumentos de percusión e acompaña-los seus cantos e bailes. A listaxe sería moito máis ampla, pois case calquera utensilio pode ser usado como elemento de percusión pero entre eles podemos cita-los seguintes:

Botella de anís, Caldeiro, Campá, Culleres, Cunchas, Ferro de pasar, Fouce, Gadaña, Lata de pemento, Lata de carburo, Morteiro, Pota, Sacho, Sella, Tixola, Zocas, Cabaza, Trepia…

Neste obradoiro descubriremos todos eses instrumentos improvisados que se atopaban pola casa e aprenderemos a tocalos. Faremos, xa que logo, música para andar por casa.

Os Chichisos

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s