Cantos de Reis 2016

Cartaz Queres cantar os Reis cos Chichisos 2016

OS CHICHISOS EN LUME NA PALLEIRA (Audio)

http://www.ivoox.com/os-chichisos-lume-na-palleira_md_8438675_wp_1.mp3″

Entrevista ao grupo de música tradicional Os Chichisos e presentación do seu traballo discográfico “Feito na casa” no programa radiofónico Lume na palleira, da Radio Galega. data de emisión: 13/09/2015.

20150913_190348

Campás e Campaneiros

Na nosa teima pra que non se perda iste linguaxe tradicional, iremos a Santa María de Cortegada, Ourense e recolleremos os toques de campás, un patrimonio sonoro que pouca xente sabe transmitir e interpretar.

cartaz campás 2015

FOLIADA DO DEMO

O domingo 23 de agosto a partires das 21:30h na Praza de Curros Enriquez de Pontevedra, teredes a oportunidade de paticipar dunha verbena de mediados do século pasado…con músicas, bailes, un ceo cheo de luces de cores e o doce arrecendo das rosquillas.

Iste ano contamos cos grupos Alboradas de Taboadelo e Os Chichisos.

Atrevédevos e vestídevos con roupas deses tempos pasados e vide botar uns bailes ao ritmo de polcas, rumbas, pasodobres, valses…de seguro que será un bo divertimento.

Cartaz Foliada do Demo 2015

O vindeiro 26 de xullo, Os Chichisos tocaremos na XVII Festa dos Maiores, no Teatro Principal de Pontevedra

CARTAZ FESTA MAIORES 2015

Os Chichisos en “Lume na palleira”

radgal
O noso disco “Feito na casa” soando no programa da Radio Galega “Lume na palleira”. Emilio Españadero presenta o tema Polka dos Chichisos, composta polo compañeiro João Bieites.

http://www.ivoox.com/presentacion-no-programa-lume-na-palleira-do-disco_md_4646707_wp_1.mp3″

Reportaxe no Diario de Pontevedra sobre o noso disco “FEITO NA CASA”

escanear0001escanear0002

PRESENTACIÓN DO NOSO DISCO “FEITO NA CASA”

CARTAZ PRESENTACIÓN DO DISCO CHICHISOS

A PRENSA FAISE ECO DO DISCO “FEITO NA CASA”

A prensa faise eco da publicación do noso traballo discográfico “Feito na casa”

10648959_730971963716242_2842280581914949608_o

11295702_730971797049592_4196037096949973781_n

PUBLICAMOS O NOSO DISCO “FEITO NA CASA”

capa feito na casa

Os Chichisos publican o seu traballo “Feito na casa”

Coincidindo con maio, mes da vida renovada, e coa festividade de santa Rira, patroa das causas imposibles, Os Chichisos publican o seu traballo discográfico “Feito na casa”. Toda unha declaración de intencións de que incluso en tempos escuros para a nosa cultura é posible facer cousas se cremos na nosa capacidade creadora e na vontade de ser donos do noso propio traballo e futuro.

O disco que agora ve a luz foi ideado e creado baixo as premisas da autoxestión integral do proxecto. Por iso a obra foi concibida como un auténtico traballo de artesanía dende o principio ao fin. Un traballo discográfico que recolle dez temas, nove dos cales son composicións propias.

O disco é froito de dous anos de traballo e ilusión, onde as limitacións técnicas suplíronse con cariño, dedicación e a vontade de ofrecer unha obra persoal e artesanal, que conserva a frescura da música ao vivo, das cousas feitas con agarimo na casa e a filosofía contestataria do feito por un mesmo. Un traballo discográfico onde, ademais do labor de composición, os propios músicos dos Chichisos arranxaron, gravaron, editaron, mesturaron e produciron todos os temas que integran o disco. Por último, o deseño e a maquetación da carátula do cd tamén correu a cargo dos membros da banda. De aí o ilustrativo e reivindicativo título da obra: “Feito na casa”.

Con este traballo sonoro Os Chichisos conmemoran os seus 21 anos de existencia, dende que aquel xa afastado 24 de abril do 1994 fixeran a súa primeira actuación oficial como grupo. É pois o noso humilde e sentido homenaxe a todos os que compartiron con nós estas dúas décadas de alegría, vivencias, aprendizaxe e amor pola música galega.

Que cante o merlo!

 contracapa feito na casa

interior