Oc chichisos acompañados polos rapaces e rapazas que participaran este ano nos cantos de reis.

Como novidade, este ano cantaremos unha cantiga recollida a Don Joaquín, antigo párroco de Cornazo, Vilagarcia de Arousa.

"  Por entre as silveiras,
cantan alegres os paxariños
Anunciando a todos
con gran esplendor
Que naceu o neno
mais excelente, mais bonitiño
que ven a ser fillo do nose señor 

A Belen vinde pastores,
alí naceu un meniño
Que esta meu Ben tiritando,
ai! tiritando de frío

I, o Pobriño trembando esta
e naide corre pra o ir quentar,
Soio un boiciño, co seu soprar
quentaba o Neno ,sen descansar

Por entre as silveiras,
cantan alegres os paxariños
Anunciando a todos
con gran esplendor
Que naceu o neno
mais excelente, mais bonitiño
que ven a ser fillo do nose señor 

As oveliñas pacendo.
pola veira do rigueiro
Berran porque xa naceu
o Rei da Terra e do Ceo

I as aves todas, co seu chiar
festexan xuntas a Navidá,
Cos seus chiidos, sen descansar
louván ao neno que esta no Portal   "


Deixar un comentario